O pasado 17 de agosto o alcalde e presidente da Mancomunidade asina (pero non redacta) un artigo de opinión sobre a nova Lei de Saúde que está a preparar a Xunta de Galicia. Lendo o artigo, quen coñeza ben ao personaxe e o asunto deduce que este debe ser considerado a partires de agora como a unidade de medida de mentiras por artigo. Hai unhas cantas, bastantes… e tamén intentos de confundir á xente, algo moi propio do asinante; enmarcado, loxicamente, nun novo intento de terxiversar e negar a realidade da sanidade na comarca.
Imos destacar as máis significativas. De entrada, o rexedor di que a Xunta fai esta Lei ás agochadas. Esquece que é a Comunidade Autónoma quen ten as competencias plenas en materia de Sanidade e que, polo tanto, é o Goberno da Xunta quen ten que aplicalas. Facer público un anteproxecto de Lei, para que se poidan facer engádegas ou enmendas, é facelo ás agochadas?.
Ademais, di que “a conformación dos Consellos de Saúde se determinará por decreto do Consello da Xunta’”; e logo, quén o vai determinar? Os sindicatos, por exemplo?. A propia modificación proposta pola administración autonómica indica que nestes consellos “haberá participación de diversas entidades representativas dos intereses económicos, sociais e profesionais, de forma que quede garantida a participación efectiva e se poida contar cunha visión e percepción ampla da sociedade”.
Igualmente, engade o artigo citado que a nova Lei “…supón a non participación dos representantes políticos e sociais nas decisións estratéxicas que afecten ás comarcas”. Mentira. Ademais de polo indicado no parrágrafo anterior, por duplicado, esquécese o autor de que as comisións territoriais ou consellos de saúde non son órganos decisorios, son órganos consultivos e os seus acordos ou informes non son vinculantes para a Xunta. Asemade, créase un consello asesor de pacientes; “órgano de participación das asociacións nas que se agrupan os doentes, que ten como finalidade a mellora da calidade da asistencia sanitaria a través da percepción dos propios enfermos”.
Fala de “perda progresiva de servizos no noso hospital” nos últimos anos. Mentira. Este home non coñece o hospital. Claro, el ainda non cree que haxa Oncoloxía ou hospitalización a domicilio no hospital da Costa. E segue dicindo a quen o quere oir que se vai desmantelar o hospital, e que ampliación nunca se rematará (cando foi do acceso ao porto, fixo o mesmo, negou que se foran facer as obras e afirmou que nunca rematarían… aí está, e non grazas a el).
Todo o que o alcalde de Burela di sobre a área sanitaria é outra mentira. O feito de que a Mariña pase a ser un distrito sanitario non reduce competencias do hospital, xa que a mesma redacción da proposta de modificación indica que cada distrito contará cun hospital no seu ámbito xeográfico. E na Mariña será o hospital actual debidamente ampliado e dotado. Como mentira foi cando aló polo 2008 o alcalde anunciou por tres veces que a Xunta bipartita ía investir 7 M€ no Hospital de Burela. En vez de 7M€, foron 0’00€, recoñecido polo propio goberno da Xunta.
O alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade pide nese escrito que asina (pero que non redacta) que a Consellería abra un proceso de diálogo. E resulta que cando o chaman para dialogar, non vai á reunión. Xesto de impresentables e cobardes políticos.
O actual alcalde de Burela non quere que se amplíe o Hospital, que é o que realmente lle importa aos veciños da Mariña, porque cando houbo que demostralo, non o demostrou: non apoiou a aprobación do PXOM, documento urbanístico que posibilitou levar a cabo a ampliación do centro, e tamén, miren por onde, o acceso ao porto.
Pero como algo ten que facer para facerse notar, volve coa matraca de que o hospital vai perder… O que se ve é o enorme descaro desta personaxe que comeza a mentir cando se levanta e non para ata que se deita. O que ven os usuarios é como se ampliaron servizos e como avanzan as obras de ampliación, sí, de ampliación, que este señor negou e segue negando. A pesares de coller a pancarta a dez metros das obras que el é incapaz de ver.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



