Viveiro/Valdoviño, 25 de setembro de 2017.- Entidades públicas, privadas e do terceiro sector de Viveiro reuníronse hoxe con responsables do proxecto “Galicia Norte, Mares de Experiencias”, impulsado polos GALP Golfo Ártabro Norte e A Mariña-Ortegal, para coñecer esta nova iniciativa.
Entre os asistentes, atopábanse membros do Concello de Viveiro, GDR Terras de Miranda, Clube de Buceo, asociacións deportivas, culturais e negocios privados. Ademais de explicar os obxectivos de “Galicia Norte, Mares de Experiencias”, recolléronse ideas de posibles negocios no eido do turismo mariñeiro e que poñan en valor os recursos naturais, culturais e patrimoniais da zona, como son as fábricas de salazón ou os muíños de marea, entre outros.
Entre os obxectivos que persiguen estas xornadas está a de difundir as accións do proxecto, que creará cinco rutas turísticas conxuntas para todo o territorio que vai desde Paderne ata Ribadeo (a cuarta parte de todo o litoral galego), nas que o mar é o denominador común.
Durante a sesión, achegáronse casos de éxito de turismo mariñeiro xa implantados noutras zonas de Galicia, como o da lonxa de Cedeira (A Coruña), a carpintería de ribeira Francisco Fra en San Cibrao (Lugo) ou a asociación de mulleres Guimatur en Cambados (Pontevedra).
Tras Viveiro, os impulsores desta iniciativa visitarán os seguintes concellos:
• Foz. Martes, 26 setembro. Horario: 11:30 horas. Salón da Casa da Cultura. Rúa Lugo, 1
• Narón. Mércores, 27 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Café Teatro. Pazo da Cultura, Rúa Holanda, s/n.
Despois destes seminarios de difusión, celebraranse unhas xornadas formativas para a diversificación do sector turístico e pesqueiro, das que se ofrecerá máis información en cada un dos encontros.
“Galicia Norte. Mares de Experiencias” é un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro impulsado polos GALP (Grupos de acción local del sector pesquero) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, e financiado con fondos europeos nos 23 concellos da Coruña e de Lugo que conforman a súa área de actuación.
Paderne
Miño
Pontedeume
Cabanas
Ares
Mugardos
Fene
Neda
Ferrol
Narón
Valdoviño
Cedeira
Cariño
Ortigueira
Mañón
O Vicedo
Viveiro
Xove
Cervo
Burela
Foz
Barreiros
Ribadeo
Esta iniciativa terá como resultado a creación de 5 experiencias ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega. Outro dos obxectivos é formar á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



