O IES de Foz ten concedido o proxecto Erasmus + , “Ampliando fronteiras”para os Ciclos Medios de Hostelería do centro; Cociña e Gastronomía e Servizos de Restauración. Este proxecto consta de dúas mobilidades, a primeira delas de profesorado e a segunda de alumnado en prácticas. Este proxecto comenzou o 1 de xuño de 2017 e remata o 31 de maio de 2018.
Unha profesora do IES de Foz, Leticia Maseda, participará na primeira das mobilidades de profesorado, con destino Francia. Do 1 ao 7 de outubro realizará unha actividade de “Job Shadowing” ou aprendizaxe por observación onde visitará dous centros de hostelería homólogos ao IES de Foz, ambos en París, o “Lycée Jean Drouant, École Hotelière de Paris” e o “Lycée Guillaume Tirel” Durante esta semana convivirá con profesores de hostelería da capital francesa, participará nas súas clases, intercambiaránse ideas sobre programas europeos e formas de traballo no ámbito da hostelería. Aproveitará a visita para coñecer a zona, tomar contacto co profesorado francés da mesma familia profesional co fin de aproveitar ó máximo estas visitas para aplicar nas súas clases no instituto. O fin destas actividades, financiadas pola Unión Europea, é a de acadar o desenrolo profesional dos profesores, mellorando o nivel de aptitudes e competencias clave, impulsando melloras na calidade e internacionalización do instituto, promovendo a concienciación dun espazo europeo de aprendizaxe, potenciando a dimensión internacional da organización e mellorando a ensinanza-aprendixaxe de linguas estranxeiras.
No mes de novembro terá lugar a segunda das mobilidades de profesorado, desprazándose catro membros do departamento a Basilicata, en Italia. En marzo, unha cociñeira italiana, virá ao IES de Foz para impartir un curso de cociña italiana.