Burela, 20 de setembro de 2017. A carreira solidaria Alas de Vida celebrarase o vindeiro sábado, 23 de setembro, en Burela. A primeira saída, cun percorrido de 7,5 quilómetros, será ás 10:30 e a continuación terán lugar as carreiras para os máis pequenos que ocasionarán cortes no tráfico rodado nas rúas Curros Enríquez, Pardo Bazán, Castelao e Lamestra. Xa pola tarde será o paseo solidario. Na presentación, que tivo lugar este mediodía, participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto a membros da asociación cultural Fanto Fantini.
O edil burelés explicou que “hoxe tivemos a xuntanza para preparar Alas de Vida, unha carreira solidaria que se vai disputar o vindeiro sábado, día 23, en Burela. Estivemos pechando os últimos flecos para o tema dos percorridos e a necesidade de persoal que vamos ter para a mesma. É unha carreira que organiza a asociación cultural Fanto Fantini en colaboración co Concello. Valoramos que é para unha causa solidaria, para recadar fondos para intentar tratar a pel de mariposa, unha enfermidade que agora mesmo é moi descoñecida e están buscando fondos para a investigación e para intentar paliala”.
Fernández Rey contou que “as carreiras van ter a saída a partir das 10 e media da mañá, que é cando sairá a primeira proba, de 7,5 quilómetros, que irá desde a Praza da Mariña ata a praia da Marosa e volverá á Praza da Mariña. A continuación comezarán as carreiras de nen@s e categorías inferiores, que van influír no tráfico de Burela esa mañá posto que vamos ter que cortar algunha rúa céntrica con motivo da carreira. As máis afectadas van ser as rúas Curros Enríquez, Pardo Bazán, Castelao e Lamestra. Pedimos á xente que teña paciencia e avisamos que o sábado pola mañá esas rúas van ser unha zona conflitiva para andar con coches. Pedimos a todos os veciños e veciñas que teñan en conta que é unha causa solidaria e intenten circular o menos posible por estas rúas que dixen antes”.
O concelleiro de Deportes engadiu que “pola tarde vamos ter o paseo solidario, que se fai todos os anos con motivo desta celebración e que vai saír ás catro da tarde dende a Praza da Mariña”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



