No restaurante Louzao de Area, os compañeiros de Eduardo Ruiz “Edu” reunímonos este venres para ofrecerlle un merecidísimo homenaxe pola súa prexubilación. “Edu” traballou mais de 39 anos en Mto. Alúmina, dentro da sección de Planificación. Persoa moi apreciada no complexo xa que ademais do seu traballo, e dunha forma totalmente altruísta, realizou durante moitos anos un labor importantísimo no Grupo de Empresa, organizando para empregados multitude de actividades como vela, tiro ao prato, tenis, xogos de mesa, etc. etc. Ás sobremesas fíxoselle entrega de varios agasallos que agradeceu con emoción. Tamén se lle nomeou, cun certificado, Decano de Planificación, dada a súa traxectoria e o seu bo facer no desempeño deste posto.
