Ribadeo 27-9-17. No Pleno Municipal do pasado 21 de Setembro a concelleira do PSOE Dna Aurora González preguntou ao Sr. Alcalde pola sua resposta ao informe do Defensor del Pueblo recibido o 22 de agosto. Nese informe o Defensor del Pueblo ratificouse no emitido o día 16 de febreiro de 2017 no que xa se tivera pronunciado sobre a falla do informe de non afeccion a Rede Natura 2000 no expediente que conduciu a concesión da illa Pancha para dous apartamentos turísticos e posterior licencia de obras outorgada polo Concello. Compre sulinar que, no seu primeiro documento do 16 de febreiro, o Defensor suxería a paralización das obras ata que se subsanasen as deficiencias detectadas, pero Concello, Xunta e Puertos fixeron caso omiso, abrironse os apartamentos, e volveron pecharse por outras deficiencias, pero o informe cuxa carencia denunciou o Defensor segue sen aparecer. Compre lembrar que xa no pleno do 23 de Marzo de 2017 a mesma concelleira preguntou polo mesmo asunto con referencia á comunicación do Defensor do 16 de febreiro sen conquerir máis que evasivas, chegando o alcalde a afirmar que o Defensor podía ser un incompetente.
A resposta do pasado 21 de setembro poderíase calificar de alucinante se non andivesemos por terreos xa moi pisados : o Sr. Alcalde volta a acoubillarse a defensiva baixo o tópico de que as licencias son actividades regradas, cousa que ninguen lle discute nen lle preguntou, a pregunta é qué fai o Concello cando se lle advirte que falta un informe preceptivo e vinculante dado que esa carencia cuestiona a legalidade de todo o proceso que remata na concesión da licencia. E aquí, como hai seis meses, non hai resposta coherente senon simples evasivas : que o Defensor é un simple consultor sen competencias executivas, en última instancia que a sua opinion é de inferior calidade que a dos servizos xurídicos da Autoridade Portuaria, que ademáis de ser a promotora do programa “Faros de España” goza do privilexio da infalibilidade según criterio do Sr. Alcalde de Ribadeo. En fin, o Sr. Alcalde pretende convencernos de que mirar para outro lado ou ponerse de perfil non son decisións políticas pero non nos explica por qué consultou ao Defensor cando foi o asunto das luces da ponte. Ao mellor non se sabía daquela que só era un consultor intrascendente. Para rematar, a imaxe que da o Sr. Alcalde de Ribadeo é a de quen non pode xustificar a súa politica contradictoria, esvaída, partidaria de privatizar o noso patrimonio e, sí, unha vez ao ano ir contemplar como voan os paxariños, foto promocional incluida.
Colectivo “Por nuestro faro”






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



