Barreiros, 27 de setembro de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, mantivo unha xuntanza nas últimas horas co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para abordar cuestións como o saneamento ou o plan xeral, aínda que tamén falaron da situación da sanidade na Mariña. O titular do executivo galego pediulle ao rexedor que lle transmita tranquilidade aos veciños e veciñas de Barreiros e díxolle que non haberá merma de servizos no Hospital da Costa. Fuente Parga cualificou de cordial o encontro de onte, e declarou que o presuposto para mellorar o saneamento de Barreiros ascendería a 4.700.000 euros. O proxecto incluiría, entre outras obras, a construción dunha nova depuradora en San Miguel de Reinante. O rexedor propón que, debido ao importante custe do que se está falar, se poida executar en varias anualidades.
Fuente Parga manifestou que “aínda que a reunión foi pedida para o tema de saneamento, para ver as posibilidades do investimento segundo o proxecto que ten redactado Augas de Galicia, ver as posibilidades de incluílo xa no próximo presuposto da Xunta de Galicia. Eu lle trasladaba ao propio presidente tamén a reunión que xa mantivera co presidente da Deputación, falamos daquel convenio que se firmara xa no seu momento de colaboración entre as tres entidades”.
O alcalde barreirense contou que “o presidente, despois de analizar todos os datos que ten de Augas de Galicia e estar vendo sobre un plano como era a situación e cal era o problema, comprometeuse a estudalo dentro das posibilidades presupostarias que ten a Xunta de Galicia, igual que calquera outra administración. Quedamos en estar en contacto por este tema e ir vendo se hai que facelo de forma plurianual, en varias anualidades ou cómo se pode ir elaborando igual que noutros convenios que se veñen firmando noutros concellos”.
O rexedor declarou que “eu lle trasladaba tamén que o propio Concello está a investir 1 millón de euros na rede de abastecemento de auga, o cal el valoraba positivamente que os concellos se comprometan e fagan eses investimentos e a Xunta de Galicia a colaborar. A inversión rolda, segundo o proxecto que ten elaborado Augas de Galicia, 4.700.000 euros. Iso suporía a construción dunha nova depuradora en San Miguel de Reinante, construír un pozo de bombeo en Reinante para axudar á depuradora existente e tamén unha rede de sumidoiros desde o centro de San Miguel de Reinante ata esa nova depuradora, así como outra serie de sumidoiros para ir facendo a separación entre o que son pluviais e fecais. Non podemos pensar que só é actuar na zona de Reinante senón que todo o proxecto levaría implícito a construción dunha nova depuradora en San Miguel, cambiar tamén a impulsión que hai a día de hoxe na zona de San Miguel para a nova depuradora. Son investimentos importantes”.
Para o alcalde de Barreiros “tendo en conta ese presuposto hai que pensar na posibilidade de facelo plurianual e ir traballando xa nesa liña para evitar na medida do posible que eses vertidos poidan chegar ás praias. Teño que ser optimista no senso de que non pode ser doutra forma porque o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nunca lle fallou a Barreiros. Entende perfectamente as necesidades que hai no noso concello. Eu así llas trasladei, sempre tendo en conta como nos pasa a calquera administración, nós moitas veces na propia administración local estaríamos encantados de facer moitas cousas, pero ás veces a limitación presupostaria nos leva a non poder acometer investimentos no momento que queremos. Trasladáballe a posibilidade de ir facendo actuacións, igual que xa estaba contemplado naquel convenio creo recordar en catro anualidades, neste estaríamos falando ao mellor de facelo dunha forma similar. Firmar un convenio e en catro anualidades estaríamos falando de poder ir facendo as actuacións máis inmediatas xa no 2018, continuando así nos tres vindeiros anos. Igual que está en calquera outro concello, igual que se fixo en Foz ou en calquera outro concello de Galicia”.
Alfonso Fuente comentou que “por outro lado tamén se falou da sanidade na Mariña. Un tema que estes días está moito na prensa, e está en boca de todos, e o da área sanitaria. El quere que eu lles traslade a todos os veciños de Barreiros a tranquilidade no senso de que se está a investir como se pode ver no hospital de Burela, que non vai haber merma de servizos e que evidentemente o hospital de Burela vai seguir crecendo e prestando servizos. Neste caso igual que se comprometera no seu momento na inversión neste hospital, evidentemente se comprometía a seguir mantendo os servizos”.
Fuente Parga dixo que “falamos ademais do plan xeral e dunha serie de cuestións que afectan ao noso concello aproveitando esa reunión, que foi cordial e na que trasladou a súa preocupación por todos os concellos de Galicia e evidentemente polo de Barreiros”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



