Cervo, 27 de setembro de 2017.- O Concello de Cervo colaborará co club Medela na posta a punto das diferentes rutas de mountainbike que discorren polo municipio; e que foron habilitadas no seu día polo propio club local.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados polos membros do Club David Riera e Víctor Riera; supervisaron a pé algúns dos tramos que suman un percorrido total duns vinte quilómetros para coñecer os trazados, e ver o estado no que se atopan a día de hoxe e, efectivamente, tal e como nos fixeron chegar dende o Club “son necesarios importantes traballos de roza e limpeza para poder practicar con garantías este deporte”, sinalou Villares.
Polo Concello de Cervo, transcorren tres tracks, que foron trazados no seu día polos membros do club Medela e bautizados como Secret trail, Farallones e Cambers; eles mesmos son os encargados do seu mantemento pero “pedíronnos axuda pola dificultade que entraña para eles, ao non disponer dos medios e maquinaria axeitada, e loxicamente, contarán coa colaboración do Concello, como tentamos colaborar sempre cos colectivos e asociacións que así o requiren na medida das nosas posibilidades; e mobilizaremos persoal municipal “para que a ruta estea en bo estado durante todo o ano, para que os amantes do MTB poidan desfrutar dela, pero tamén para fomentar a práctica deste deporte, da man duns traxectos coidados e adaptados, que son ao tempo un reclamo máis para o noso Concello e que permiten gozar dunha panorámica única do municipio”.
O Club Medela organiza cada mes de marzo a Ruta de Enduro Medela MTB, duns 35 quilómetros en total e 1300 metros de desnivel acumulado, que cada ano atrae a máis participantes, superando a cifra dos 200 na pasada edición, que foi a oitava “pero a idea é que as rutas estean perfectamente transitables, non só para esa competición, senón durante todo o ano”.
Nos vindeiros días iremos facilitando a través das diferentes redes sociais e da páxina web unha completa información dos tramos de mountanbike que discorren polo Concello de Cervo, “co obxectivo de que todos aqueles amantes deste deporte poidan coñecer as rutas, ver o percorrido, para que se animen tamén a visitarnos”.
Villares destacou así mesmo o compromiso do Concello de Cervo co deporte no seu conxunto, co obxectivo de promovelo entre todas as persoas de todas as idades; animándoos a que practiquen diferentes deportes, coa liberdade de escoller aquel que máis lles guste, “porque é importante, sen dúbida ningunha, que Cervo se identifique como un Concello que aposta polo deporte, en todas as súas facetas”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
