Mondoñedo, 9 de setembro de 2017.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo amplía este curso escolar as actividades da ludoteca municipal para contribuír na conciliación familiar. Con este obxectivo está a informar por carta a todos os veciños e veciñas con fillos para que poidan facer uso dos diferentes programas e das instalacións municipais.
As actividades que se ofertan están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados no colexio público e pretenden colaborar cos pais e nais que traballan ou que polas razón que sexa necesiten deixar aos seus fillos e fillas atendidos antes ou despois da xornada lectiva.
Trátase, en palabras da alcaldesa, a popular Elena Candia, de “reforzar a oferta e poder axudarlles aos pais e nais para que a conciliación laboral e familiar sexa unha realidade no noso Concello”.
Programa de madrugadores, de tarde e de etapas non lectivas
Así, desde o Concello ofrécense tres programas: o programa de madrugadores, o programa de tarde e o programa etapas non lectivas.
A iniciativa de madrugadores funcionará desde as 08:00 ás 09:30 horas.
O programa de tarde estará en funcionamento desde que os nenos e nenas saen do colexio ata as seis da tarde. Se alguén precisa facer uso doutros horarios estudaranse as propostas.
O programa de etapas non lectivas é unha iniciativa para a atención de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos para favorecer a conciliación durante os períodos vacacionais dos rapaces, tales como o Nadal, Entroido, Semana Santa ou verán.
Aquelas persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse poden chamar ao teléfono do Concello e contactar co departamento de Servizos Sociais no número: 982524003 ext. 8. A ludoteca está situada no recinto do colexio público.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



