Mondoñedo, 6 de setembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo vén de facer público o fallo do xurado do II Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. Os gañadores son, do primeiro ao sexto, Albina Iglesias Verdes (Avda. San Lucas, 6); Cristina de Palacios Caro (Praza da Catedral, 12); Ángeles Sánchez Armesto (Carroceira, 7); Óscar López López (Muíños de Arriba, 9); Berta Ares Rubiños (San Lázaro, 121);e José Manuel Losada Moreda (Progreso, 20).
Estes veciños que ocuparon os primeiros postos recibirán cadanseu diploma acreditativo para colocar xunto ao balcón e unha recompensa económica, que ascende á unha contía de 250 euros para o primeiro posto; 200 euros para o segundo, 150 euros para o terceiro; 100 o cuarto; 75 euros para o quinto premio e, por último, 50 euros para o sexto premio. A entrega de premios farase o sábado 16 de setembro no salón de plenos do Concello, ás 13:00 horas, e estará presidida pola alcaldesa, Elena Candia.
Balance moi positivo
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, agradeceu a participación dos veciños no concurso ao tempo que fixo un balance moi positivo desta segunda edición de “Florea o teu balcón’, tanto no que respecta ao número de participantes, como no referido ao bo resultado da decoración dos balcóns das vivendas do casco urbano da cidade, incluíndo as do casco histórico e as dos barrios tradicionais de Os Muíños, Os Remedios e San Lázaro, que participaron no concurso. Tanto é así que o resultado final estivo moi disputado, polo que o xurado tivo que votar ata dúas veces para elixir os primeiros postos.
Alberto García explicou que o xurado cualificador integrárono Paloma Vázquez Fernández, xefa da área provincial de Turismo en Lugo; María José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xunta de Galicia en Lugo; María Traveso Lago, coordinadora da área de Turismo da Mancomunidade de A Mariña; así como Mila Orol e Marta Candocia da oficina de rehabilitación do Concello de Mondoñedo e Yolanda López e Fernando Iglesias, profesores do ciclo de agroxardinería e composicións florais do IES San Rosendo.
O xurado realizou visitas periódicas valorando, entre outros, aspectos como o estado de conservación e mantemento semanal dos balcóns inscritos a concurso; a orixinalidade na ornamentación; a colocación de elementos accesorios tales coma xardineira ou colgantes; así como o enxeño ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no concurso.
Saúdos
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



