Foz, 25 de setembro de 2017. O Día da Bici celebrado este pasado sábado en Foz contou con 240 participantes e o club ciclista local doou dous carros con produtos para o Banco de Alimentos focense.
Dende a organización manifestaron: “Grazas a todos/as os/as participantes, un total de 240 este ano. Sabemos que algúns non puideron estar, pero contamos con eles/as para o ano que vén. Grazas ao Club Ciclista Foz, Motos Baltasar, Gadis e Froiz, por colaborar neste día tan especial para moitas familias. O Club Ciclista ademais doou dous carros con produtos para o Banco de Alimentos. Prometíamos algunhas sorpresas e así foi. Cada participante levou a súa camiseta conmemorativa, un inchable estaba a esperar polos/as ciclistas no avituallamiento, da man de IG10, e ao final, entre outros regaliños, sorteamos unha bicicleta”.
Tamén explicaron que “os trofeos foron para: ao máis veterano, Emilio Suárez Morán; ao máis novo, Roi Rodríguez Oliveros; bici mellor engalanada, Lucía Pardo Vázquez; mellor disfrace, Elena Castro Sanjurjo; e xa goza dunha espectacular bicicleta nova Hugo Méndez Prieto”.
Entre os asistentes ao evento estiveron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; a concelleira de Deportes, Mercedes González Alonso; e o edil de Cultura, Ánxel Paleo Soto.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



