Lugo, 8 de setembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este venres sobre as obras de mellora que se remataron no Centro Ocupacional de ASPANANE e que financiou na súa totalidade o Goberno Provincial con 35.000 euros. Campos Conde explicou que “ampliamos as únicas instalacións na Mariña Occidental que ofrecen este servizo a persoas con discapacidade intelectual, pois tras estas melloras este colectivo pasará de ofrecer 35 prazas a 50. Creo que hoxe de novo demostramos que traballamos por unha Deputación coas persoas, social e rural; que atende ás necesidades dos veciños”. O titular provincial supervisou hoxe as actuacións levadas a cabo nestas instalacións, situadas en Viveiro, xunto á Alcaldesa deste Concello, María Loureiro García. Ambos os dous mantiveron encontros cos usuarios e familias.
Con dito orzamento, o Goberno da Deputación permitiu, por un lado, renovar a fachada do edificio onde ASPANANE ofrece na actualidade o servizo de centro ocupacional a 35 usuarios, poñendo fin ás filtracións de auga e goteiras existentes ao mellorar o illamento do inmoble. Ademais, acondicionouse por completo o interior da nave contigua a estas instalacións que estaba en desuso. É neste novo espazo, que conta con 400 metros cadrados, onde agora se pode ampliar a prestación de centro ocupacional, ofrecendo 15 novas prazas, acadando, deste xeito, un total de 50.
“Hoxe ASPANANE atende familias de Ourol, Viveiro, O Vicedo, Xove e Foz no seu Centro Ocupacional, e ten, cando menos, a outras 6 na listaxe de espera, que deixarán de estalo este mesmo ano grazas a estas novas instalacións”, subliñou Campos Conde.
Ademais de ampliar as prazas, con estas obras o Goberno da Deputación consegue que as instalacións de ASPANANE se adapten ao novo Decreto 149/2013 que aprobou a Xunta de Galicia, permitindo a continuidade deste servizo.
Novas instalacións a pleno rendemento este ano
Na nave renovada situaranse salas de uso múltiples e descanso, aulas para a celebración de obradoiros, ademais das dependencias dos 20 profesionais que traballan neste colectivo (traballadores sociais, psicólogos, fisioterapeutas, persoal de cociña ou limpeza…), pois fíxose a división de ditos espazos e leváronse a cabo todos os traballos necesarios para o seu uso, como os de electricidade ou fontanería. A día de hoxe, está en funcionamento unha parte destas instalacións e antes de final de ano, posto todo o equipamento, prevese o seu pleno rendemento.
Encontro cos usuarios
Campos Conde e Loureiro García mantiveron un encontro cos usuarios do Centro Ocupacional, onde puideron coñecer algúns dos talleres que se imparten e, a continuación, desprazáronse ao Centro de Día, un edificio situado a 400 metros, onde percorreron as instalacións acompañados polos mozos e mozas. Na actualidade, ASPANANE conta con 20 profesionais que prestan atención a 52 usuarios: 17 no Centro de Día e 35 no Centro Ocupacional, que poderá pasar a ser 50, coas 15 novas prazas que se xeran coa nave totalmente renovada polo Goberno da Deputación.
Servizos de ASPANANE
A Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais conta cun total de 224 socios. Esta asociación ofrece servizos de Centro de Día (que ten 17 usuarios) e Centro Ocupacional (que ten 35 usuarios na actualidade). Prestan servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten; actividades deportivas, culturais ou lúdicas, como ximnasia ou canto; así como obradoiros de carpintería, serigrafía ou tampografía.
Todo isto co fin de integrar socialmente ás persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, promoven variadas iniciativas coa colaboración de administracións como a Deputación e do tecido empresarial. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou con máis de 1.800 euros talleres de Xornalismo e Deportes. ALCOA conta coa participación de usuarios de ASPANANE nos traballos de empaquetado de sobres; e Electrodomésticos Viveiro para a montaxe de pezas neste tipo de aparellos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



