BURELA, 8 de setembro de 2017.- O grupo municipal do PP de Burela anuncia que a consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de incrementar o número de horas de axuda no fogar na modalidade de dependencia para este Concello. Así, dende o día 1 deste mes, Burela contará con 444 horas máis cada mes para a indicada modalidade de axuda no fogar. “Sen dúbida, é unha magnífica noticia”, destacan.
Isto supón que o Concello sumará un total de 2.518 horas ao mes, prestando ao ano 30.216 horas de atención no fogar a persoas dependentes. Este incremento permitirá atender a todas as persoas en lista de agarda e a outras que están pendentes de resolución do programa individual de atención correspondente.
Este reforzo de horas por parte da Xunta de Galicia permitirá chegar a máis de 60 persoas veciñas de Burela, acadando un maior nivel de benestar para todas as persoas dependentes que teñen concedido o recurso de axuda no fogar. Ao mesmo tempo, tamén suporá un incremento na xornada para as traballadoras que levan a cabo estes servizos e, incluso, permite crear novos postos de traballo.
Esforzo do Goberno galego
O grupo municipal fai fincapé no “esforzo do Goberno galego que, unha vez máis, demostra que as políticas sociais son prioritarias, xa que con este novo auento de horas garántese unha mellor atención no seu domicilio a todas as persoas dependentes que o precisen, pois non só beneficia aos propios usuarios, senón tamén ao conxunto da unidade familiar”.
O Concello “non inviste nin un só euro”
Fronte a esta vontade colaboradora da administración autonómica, a entidade local “non inviste nin un euro a maiores en axuda no fogar e, por riba, o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais ocultan esta información de xeito ruin, cando se trata dunha información que debería facer pública con carácter inmediato”. Deste xeito, “xa que non o fan, vémonos na obriga de ser o Grupo Popular quen dea a coñecer esta importante nova á cidadanía, e animar ás familias afectadas a que demanden tanto ao alcalde coma á concelleira delegada de Servicios Sociais a inmediata aplicación deste incremento de horas”, apuntan.
Os populares tamén queren poñer en valor que se trata dunha iniciativa que impulsa a Xunta de Galicia, “a pesares da nefasta xestión da edil que dirixe a área encargada desta materia, que é a peor que houbo no Concello”, conclúen.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



