Dende a primeira locomotora a vapor que circulou sobre raìles, presentada en 1802 polos ingleses Trevtink e Vivian, que ós dous anos fixeron unha demostración sobre unha vía mineira de 15 km. de longa, logrando mover unha carga de 10 Tm. de ferro e 5 coches con 70 pasaxeiros, a unha velocidade aproximada de 8 km./hora, ata a actualidade en que o AVE acada os 300 Km. a historia do ferrocarril, como a de tódolos avances tecnolóxicos da Humanidade, é unha sucesión dos mais contradictorios avatares polos que se manifestan as grandezas e as miserias do home.
A aparición do ferrocarril, que se amosaba como o grande recurso para o desenvolvemento dos pobos, espertou a avaricia das crases pudentes, capitalistas e políticos; aquéles porque vían nel un bó futuro para as súas inversións e éstes – os políticos – unha arma para gañar votos, xa fose erixíndose en defensores da súa implantación ou opoñéndose a ela, según de onde soplaran os ventos. A actitude diu lugar ás mais sorprendentes situacións, e os cidadáns de a pé dividíanse en dous sectores: aqueles que saudaban entusiasmados a aparición do tren, en canto que medio que racharía co tradicional illamento da nosa terra ó que con evidente énfase Curros Enrique chamou o “Cristo dos tempos modernos”,en alusión a que sería quen de facer o milagre da revolución social e económica (os progresistas) e aqueles outros que vían no artefacto que cruzaba as bucólicas leiras un inimigo da paz e do benestar que se respiraba en plena natureza virxe.
O proxecto do ferrocarril Ferrol-Xixón é moi antigo, pois en 1883 o Goberno, con fins militares, para unir os centros industriais e carboníferos de Asturias coa base naval de Ferrol, dispuxo o estudo dunha vía que pasase por Ribadeo e Luarca.
No pleno do 8 de xaneiro de 1903, o concello de Foz adheríase á petición do alcalde de Vegadeo, para colaborar en resolver os atrancos que impedían a pronta realización das obras, e en cantas medidas tomase o alcalde da Veiga, promotor da iniciativa.
En 1926, por vontade de Primo de Rivera, comenzan os traballos, suspendidos en 1931, para voltar despois da guerra civil. Preto de cen anos despois dos primeiros estudos ponse en servizo o último tramo Vegadeo-Viveiro.
E así seguimos na Mariña. Un expoñente do que é a modernidade dos medios, en comarca de recoñecido potencial económico e humano, ateigada de políticos de probada ineficiencia que segue, a día de hoxe,anclada na prehistoria dos “camiños de ferro”. ¿Cómo rematará…?.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



