Ribadeo, 27 de setembro de 2017. O portavoz do Partido Popular en Ribadeo, Jesús López Penabad, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia ven de conceder ao Concello ribadense 425.000 euros para o destino que queiran e outros 90.000 para comprar un tractor desbrozadora. Por outra parte López Penabad pregunta quen vai xestionar a nova residencia de maiores e cal vai ser o custe das prazas para os ribadenses.
O voceiro do PP en Ribadeo manifestou: “desde o Partido Popular queremos desmentir o que todos os días nos vende o señor Fernando Suárez, que a Xunta non axuda e non lle dá cartos ao Concello. A Xunta ofrécelle un convenio de 90.000 euros para comprar un tractor desbrozadora. A Xunta financia o cen por cen do valor do vehículo e o Concello só tería que poñer o IVE, polo que esperemos ter un novo tractor en Ribadeo para poder duplicar así as actuacións que se fan tanto no rural como nas áreas recreativas onde fai falta unha desbrozadora”.
Ademais López Penabab asegura que o Concello de Ribadeo “xa ten nas arcas municipais do Fondo de Cooperación Local, financiado pola Xunta de Galicia, 425.071,26 euros que sumados aos 90.000 para a compra do tractor desbrozadora, pasan dos 500.000 euros. O Concello de Ribadeo pode usar estes 425.000 euros onde estime oportuno. O alcalde fala da residencia, pois pode usalos na residencia; falamos do saneamento do rural, pois pode usalos aí; falamos de amañar pistas, pois tamén se pode usar aí. Para todo non vai dar pero hai que sabelos xestionar.
O portavoz dos populares replica ao alcalde cando “di que o PP non axuda, que se desvincula. No tema da residencia alégrome moito que vaia avanzando e que haxa equipamento, pero eu sigo preguntándolle o mesmo que lle preguntei no minuto cero: quen vai xestionar a residencia e cal vai ser o custe para os ribadenses. Agora mesmo é o que importa a todos os ribadenses porque teñen que saber se poden pagalo, se poden entrar ou non”.
Jesús López Penabad engade que “agora mesmo vai empezar un obradoiro de emprego que financian fondos europeos xestionados pola Xunta de Galicia. A Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) tamén paga a Xunta de Galicia. No verán había dúas desbrozadoras máis, grazas a un convenio coa Xunta de Galicia, con Medio Rural neste caso, para poder contratar unha empresa e limpar”.
Para o voceiro popular “o problema é que cando o Partido Popular presenta unha moción o que fan é ou non levala ao pleno ou rexeitala. Pasan o rodillo que teñen, dez máis un de Ciudadanos porque sempre os apoia, e os demais quedámonos coas ganas ou coa boca aberta porque a verdade é que non podemos facer absolutamente nada máis. Recordo que temos unha moción presentada para facer un campo de herba artificial en Ribadeo, que está desde que entramos nesta lexislatura gardada no caixón e que non son capaces de sacala, porque hai outras prioridades, sempre din. A Xunta de Galicia aporta como ten que aportar por lei e porque lle corresponde, pero o que non pode negar son as evidencias e o que se ve”.
López Penabad subliña que “tanto os 90.000 euros como os 425.000 euros destes días creo que é unha cifra nada desprezable, que ademais a van ver todos os ribadenses. Que dende o goberno local a xestionen ben no que consideren oportuno, na residencia, no saneamento,… Nosoutros presentamos unha moción para facer o saneamento en Vilaframil, que nos apoiou o PSOE con toda a razón do mundo porque é de sentido común; importa pouco de onde veñan os cartos senón que o que importa é prestar servizos aos veciños. Esa moción tiráronnola tamén. Todo o que propoñemos vai para atrás; polo tanto que máis podemos facer. Seguir pedindo que a Xunta de Galicia invista en Ribadeo, como fai, e se quere facer máis nosoutros non os imos negar. O que desexamos é que abra a residencia xa e que sexa para todos os ribadenses. Aí nos van ter, poden telo moi seguro”.
O portavoz popular no Concello de Ribadeo pídelle ao alcalde que “deixe de enganar, de mentir ou falsear. A realidade é a realidade e as obras e os investimentos vense”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



