BURELA, 4 de setembro de 2017.- O Grupo Municipal Popular burelés denuncia que “Burela Bonita ten serios motivos para estar triste: Burela Bonita está sucia e por riba non a limpan, e, o que é peor, ninguén se preocupa de facelo”.
Así o constataron os edís do PP, quenes volveron a facer unha reportaxe fotográfica a mediodía do sábado e tamén onte, domingo, que proba e corrobora o que veñen mantendo dende principios de abril. “Todo o que nos contou o alcalde das melloras que iamos ter coa nova empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria era unha enorme mentira. Por riba, estamos ante unha auténtica pandilla de incompetentes políticos para solucionar os problemas existentes”. E é que, subliñan, “o alcalde está de festa en festa ou abrazado a unha pancarta; o tenente de alcalde máis preocupado de posicionarse cara as vindeiras municipais e, unha concelleira de medioambiente, que non se entera de nada e só serve para sair nas fotos”, afirman.
“Só atopamos suciedade”
A este respecto, matizan que no percorrido realizado “atopamos suciedade por todos os rincóns; rúas sucias que deberían estar limpas; papeleiras que non se vacían; contenedores de papel e cartón sen vaciar; enseres sen recoller; bolsas con roupa no chan; e moitos desbroces dos denunciados hai tres semanas, e tamén dos non denunciados, sen facer, co conseguinte risco para as persoas”, advirten.
Incompetencia do Goberno local
Por todo elo, os populares aseguran que “esta é a triste realidade da Burela de hoxe en día no tocante á limpeza. E esta realidade reflicte outra, a incompetencia política dos que nos gobernan, que mentiron no seu día con este asunto e que agora se demostran incapaces de solucionar os problemas existentes. Deberían ir collendo a porta de saída”, conclúen.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



