Os roteiros xeolóxicos pola Marosa e polo Perdouro son unha interesante iniciativa que xurdiu hai uns tres anos para dar a coñecer unha parte destacada do noso patrimonio, aínda que é de xustiza lembrar nestas liñas o labor incansable que a profesora Águeda Barcia Iravedra realizou durante moitos anos como docente no IES Monte Castelo, na divulgación e promoción do rico patrimonio xeolóxico que se atopa no concello de Burela.
O outro día tiven a sorte de asistir a unha destas xeorrutas pola área xeolóxica de Castrelo, na zona onde conflúen os granitos do batolito de San Cibrao e as cuarcitas da rasa cantábrica. Alí, se continuamos polo Berbés cara ao Perdouro, á altura da actual lonxa de Burela, podemos obervar unhas curiosas formacións rochosas.
Esta zona está catalogada como un “Global Geosite”, un Lugar de Interese Xeolóxico (LIX) a nivel internacional, segundo o inventario do Instituto Geológico y Minero de España (IGME). O que alí atopamos é un auténtico museo a ceo aberto de máis de 300 millóns de anos, uns pregramentos que se produciron como consecuencia da colisión das masas continentais Laurusia e Gondwana, durante a oroxenia hercínica. Segundo parece, esta colisión tería provocado a formación dunha cordilleira dunha altitude similar ao actual Himalaia e dunha lonxitude duns 3000 kms e que se iría erosionando en etapas posteriores.
Os pregamentos que atopamos no Berbés-Perdouro son o resultado da inclinación ou enrugamento dos distintos estratos (arxilas e cuarcitas), como efecto da presión exercida sobre as rochas durante os movementos tectónicos. As capas estratigráficas aparecen fortemente inclinadas en forma de A (anticlinais) e de V (sinclinais) orixinando uns vértices denominados “charnelas”, que nesta zona presentan un engrosamento característico como resultado da proximidade á zona de choque. Destacan estes pregamentos por se sucederen con relativa frecuencia ao longo do cantil ata a chamada Igrexa de Coedo, uns fermosos arcos esculpidos polo mar nun filón de cuarzo que aflora entre as cuarcitas predominantes da zona. Xa no Perdouro, os pregamentos vanse facendo cada vez máis amplos e aquí chama a atención a “liña de discordancia” que se observa no cantil e que indica a presenza de dúas capas sedimentarias claramente diferenciadas.
Trátase pois dunha zona de alto valor xeolóxico, mais tamén natural e paisaxístico que debemos preservar e pór en valor. Estas xeorrutas son un primeiro paso moi importante a nivel divulgativo porque non se pode valorar e protexer o que se descoñece, mais non é suficiente con isto. Lamentablemente existen dous elementos que provocan un negativo impacto visual.
Por unha banda estamos a referirnos ao recinto que Portos de Galiza pechou no Berbés non hai moitos anos e onde son depositados distintos tipos de refugallo, dificultando o acceso e correcta visualización dos pregamentos e constituíndo un elemento de forte impacto visual dentro do conxunto xeolóxico. Por outra banda temos as instalacións do Club Naútico, xusto no punto no que conflúen dúas zonas xeomorfoloxicamente diferenciadas: o batolito de San Cibrao ao Oeste e a rasa cantábrica ao Leste. Ademáis, neste mesmo lugar que foi no seu día a praia de Castrelo e conta tamén cos restos arqueolóxicos dun hipocausto romano, parece ser que está proxectada a construción da futura EDAR de Burela. É certo que a nova estación depuradora é a necesidade máis apremiante que ten o noso concello a día de hoxe, tanto polo deficiente funcionamento da EDAR actual como pola súa reducida capacidade. Mais non é menos certo que este non ha de ser motivo para deixar de estudar outras opcións alternativas que eviten na medida do posible o impacto que provocaría unha instalación destas características nunha zona especialmente sensible e de grande interese como esta.
Haberá quen pense que son só unhas rochas como moitas outras que non paga a pena conservar, mais permitídeme que discrepe. Estamos diante dunha estrutura xeolóxica que ten moito que contarnos sobre os cambios producidos ao longo de millóns de anos, lembrándonos que o planeta que habitamos non sempre foi como o coñecemos na actualidade, que foron moitos os organismos que nela cobraron vida e que os seres humanos non somos máis que unha minúscula peza neste xigantesco crebacabezas de 4.600 millóns de anos que é a Terra.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



