Burela a 08 de setembro de 2017. Dende a Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña queremos facer público o mais enérxico rexeitamento a actos represivos como o acontecido no día de onte, xoves día 07 de setembro, no que dende a Equipa Directiva do Hospital da Costa, ditaron orden para proceder a confiscar a pancarta pendurada na varanda de este Centro Hospitalario.
Esta Xunta de Persoal Lembroulle hoxe a esta Dirección que a faixa é de todas e tódolos traballadores da sanidade da nosa Área, que non é nin perigosa nin violenta e que é a primeira vez na historia de este hospital que se rexistra un acto de represión de tal magnitude contra a liberdade de expresión do Órgano de máxima representación dos e das profesionais de esta Área Sanitaria.
Dende esta Xunta de Persoal non dan crédito a que unha inofensiva pancarta que tan so di “NON Á SUPRESIÓN DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA” poida molestar tanto a eses que están a pedir tranquilidade porque coa modificación da Lei e a conseguinte supresión da nosa Área nada vai mudar.
É evidente que estamos sendo molestos e molestas para uns dirixentes da Xunta e do Partido Popular que enganaron e mentiron reiteradamente á Mariña coa xestión da sanidade pública e responden coa represión a quen denuncia estas mentiras.
Feijóo, o Conselleiro e Balseiro non poden nin queren debater e rebater os nosos argumentos e por iso usan a represión como arma para intentar calar bocas, mais non nos calarán.
Dende a Xunta de Persoal queremos dicir alto e claro: NON A REPRESIÓN, SI Á SANIDADE PÚBLICA.