Ribadeo (Lugo), 8 de setembro de 2017.- A Xunta de Galicia porá en marcha unha ‘app’ para axilizar as autorizacións de acceso ao Monumento Natural das Praia das Catedrais. Así o anunciou esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, durante a súa visita, xunto co delegado provincial en Lugo, José Manuel Balseiro, a este enclave que, desde o 20 de xaneiro do 2005 goza desta consideración de Monumento Natural, ademais das tres figuras de protección que garanten a preservación dos seus valores naturais.
Así, a representante da Consellería de Medio Ambiente avanzou que a aplicación móbil estará dispoñible a partir da próxima Semana Santa e permitirá aos usuarios solicitar, desde o seu propio terminal, o permiso correspondente para visitar o areal e descargar o código QR identificativo, que deberá presentar nos controis de acceso. Desta maneira, dixo a directora xeral, “poñemos ao alcance do cidadán un recurso rápido e cómodo e damos continuidade ao Plan de Conservación elaborado pola Xunta de Galicia para equilibrar a protección do enclave e facilitar a afluencia”.
Cómpre lembrar que un dos aspectos máis importantes da normativa deste Plan é a regulación do uso público, polo que se fixa unha limitación diaria de persoas de 4.812 nos períodos de máxima afluencia, isto é, meses de xullo, agosto, setembro e Semana Santa. Este límite establécese, por tanto, en aras da conservación deste espazo incluído na Rede Natura 2000 e na Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, ademais de ser un Lugar de Interese Xeolóxico.
Un 23 por cento máis de visitantes
Ademais, a representante da Consellería de Medio Ambiente sinalou que estas medidas van en consonancia co aumento progresivo de visitantes, que durante este verán supuxeron un 23 por cento máis con respecto ao mesmo período en 2016. En total, durante os pasados meses de xullo e agosto, 245.000 persoas coñeceron o Monumento Natural da Praia das Catedrais, que contrastan coas 198.000 que visitaron este enclave no mesmo período en 2016. Xa o ano pasado, se rexistrou un aumento do 20 por cento en relación ao 2015, cando se contabilizaron 165.214 visitas.
Do mesmo xeito, cómpre destacar que durante os meses de xullo e agosto completouse o cupo de visitantes establecido en 38 ocasións, 9 en xullo e 29 en agosto, o que significa que, neste último mes, esgotouse o límite todos os días, agás un. Estes datos contrastan cos do ano pasado, cando se acadou o número máximo de visitantes en 29 días (3 en xullo e 26 en agosto), e cos do 2015 con 14 días no mes de agosto de máximo establecido.
En canto á procedencia dos visitantes, a directora xeral destacou o feito de que cada vez son máis as persoas estranxeiras as que coñecen este enclave -case un 10 por cento en 2017, un 7 por cento en 2016 e un 4 por cento en 2015-, aínda que, maioritariamente, proceden doutros Comunidades españolas, sendo a madrileña a que máis visitantes achega, seguida de Barcelona, Valencia, Andalucía e Asturias.
Perfil tipo do visitante
Igualmente, as últimas melloras introducidas na páxina web, a través da cal se poden expedir as autorizacións de acceso, permitiron coñecer algo máis das persoas que visitan as Catedrais elaborar un perfil tipo de visitante. Por exemplo,, que indica que, maioritariamente son mulleres de nacionalidade española cunha idade comprendida entre que o rango de idade máis representativo dos visitantes ao monumento é o que vai dos os 46 aose 65 anos, aínda que tamén destacan as persoas de entre 19 e 29 anos, que supoñen case o 30 por cento do total de visitantes.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



