O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “este sábado, 30 de setembro, ás oito e media, imos comezar a tempada de outono cunha actuación no auditorio Hernán Naval. Despois das obras de reparación poñemos xa en marcha a actividade no auditorio”. Graña subliñou que “o facemos ao grande co grupo de música de cámara Camerata Nuestro Tiempo, que vai deleitarnos con As oito estacións. Vivaldi e Piazzola. Con esta representación musical pretendemos poñer de novo en marcha a colaboración coa Axencia Galega das Artes Escénicas (AGADIC) para recuperar de novo tanto o teatro como a música a través deste consorcio”. Engadiu que “haberá entrada única de 4 euros e poderemos gozar da boa música de cámara”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



