Lugo, 3 de outubro de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Presidenta da Asociación Down Lugo, María José Blanco, inauguraron este martes Enfocando Historias. Trátase da nova exposición que o Goberno da Deputación leva á Capela de Santa María dende hoxe e ata o 29 de outubro, con entrada totalmente gratuíta. Recolle 36 fotografías realizadas polos usuarios deste colectivo. García Porto explicou que “con esta mostra, dende o Executivo Provincial queremos trasladar e incidir na nosa mensaxe -á que nunca renunciaremos- de que todos as persoas temos capacidades diferentes. Algunhas delas extraordinarias, que son as que fan posible a elaboración de proxectos artísticos como o que hoxe nos enorgullece traer a esta sala exposicións, que xa é un espazo de referencia cultural na cidade de Lugo. Dende o Goberno Provincial, que traballamos por unha Deputación coas persoas e que defende a igualdade de oportunidades, queremos, xunto ás familias de Down Lugo, reivindicar, e deste xeito, concienciar á cidadanía sobre as capacidades diferentes que temos todas as persoas por igual”, subliñou García Porto. No acto, tamén participaron a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, e o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.
Enfocando historias é o título do proxecto de fotografía que Down Lugo presentou á III Convocatoria de actividades de Voluntariado da Fundación Telefónica. Deste xeito, as 36 fotografías que forman a colección foron elaboradas por 18 usuarios deste colectivos coa colaboración dos voluntarios da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) e baixo a dirección da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva.
Os artistas involucrados neste proxecto inventáronse catro historias, que, posteriormente, plasmaron en fotos. Así, cada historia está contada e secuenciada nun máximo de 10 instantáneas. Retratos, paisaxes, documental… son algúns exemplos das fotografías desta mostra, todas elas cun único escenario, que é a praia de Peñarronda.
O horario da mostra é de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



