O evento foi presentado por compoñentes do Club Ciclista Foz e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. A saída será ás 9 da mañá desde a praza Conde de Fontao e cubriranse un total de 98 quilómetros. Desde o Club Ciclista Foz animan a participar nunha ruta “para admirar paraxes, pasar un día de ciclismo en estado puro e gozar da bicicleta fóra de toda competición. O alto da Ermida, O Pereiro, O Cadramón ou Moucide son os puntos que entrañarán máis dificultade, aínda que tamén hai preparadas escapatorias por se hai quen necesita acurtar a ruta. Un domingo para compartir o deporte do ciclismo”. As inscricións para participar poden facerse en: http://inscripciones.ranckr.com/inscripcion/ruta-pardo-cela
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



