O diccionario da RAG define peaxe como “a cantidade que se paga en concepto de dereitos por circular por determinadas vías de comunicación”, e por extensión “o lugar onde se cobra ou paga esa cantidade”.
Atendendo a estas dúas acepcións, na Mariña aparentemente non temos peaxes, pero pagar sí que pagamos. Pagamos a través dos nosos impostos pola autovía A-74 Barreiros-San Cibrao que non temos, polo corredor San Cibrao-Ferrol que tampouco temos, pagamos polo precario mantemento das estradas N-634 e N-642, pagamos para que o Fiouco estea pechado día si e día tamén, pagamos para que desmantelen o noso tren e tamén as liñas de transporte de viaxeiros por estrada, pagamos para que convirtan o noso hospital nun hospital de segunda ou terceira cando no seu día fora concebido para ser de primeira, e agora pretenden que repaguemos facéndonos ir aos hospitais de Lugo. Esa sí que é unha inxusta e cruel peaxe, a peaxe sanitaria.
Pagamos tamén para que sigan negando a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Alcoa, pagamos por non ter Autoridade Portuaria propia mentras vemos como nos levantan 3,5 millóns de euros que factura San Cibrao por tráficos comerciais pero sen recibir ningunha contraprestación na zona.
Ao igual ca en toda Galiza pagamos moi cara a enerxía que produce o noso vento na Gañidoira, no Xistral ou no Fiouco, coa honrosa excepción do concello de Muras, que grazas ao bon facer do seu alcalde do Bng, os beneficios de producir enerxía agora xa repercuten na súa veciñanza sendo esta a que tén a luz mais barata de todo o Estado.
Aquí pagouse por todo, e sábeno ben no sector pesqueiro, donde arriscaron para construir as lonxas climatizadas de Celeiro e Burela, hoxe líderes en pesca e comercialización, pero que nin con moito recibiron tantas axudas nin prerrogativas coma das que disfrutaron e disfrutan outras lonxas do Atlántico.
Agardamos que a xente do mar desta comarca que limita ao norte con Inglaterra mar por medio non teña que pagar as consecuencias do Brexit, xa que parece que a cousa non pinta moi ben, pois os británicos, que se marcharon da UE pero non do mar, xa enseñaron os dentes anunciando que ao mellor nos ceden algún dereito de pesca a cambio de vendernos os seus productos do mar, e desgrazadamente non sería nada estrano, cando estamos a ver tamén as superficies comerciais cheas de patacas francesas e de outras latitudes, mentras que aqueles que tiñan que poñer freo a esa invasión, están mais preocupados por prohibirnos que plantemos as nosas, amparándose en cuestionables argumentos científicos.
Pagámoslle a Madrid, pagámoslle a Santiago, somos a comarca que mais representa no PIB da provincia de Lugo, pero nos orzamentos do Estado e da Xunta non existimos. Por eso sabemos que nunca os centralismos foron bons, nin o da Meseta nin o do Atlántico, nin tampouco o centralismo sanitario de Lugo que pretende impoñer o PP para encher o peto das clínicas privadas dos seus amigotes.
Diante de todas estas aldraxes negámonos a aceptar o discurso de que somos periferia. Non somos periferia, nin periferia da periferia, non, queren converternos en periferia, que é algo moi distinto. Queren converternos en periferia “os de sempre”…..os patufos, os desleigados, os pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garavata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros… eses e esas que pensan que a principal función dun cargo público é postrarse de xeonllos diante do bispo implorando miragres e misericordia divina.
Frente a eso temos que facer valer a nosa dignidade, como fixeron varias décadas atrás aquelas mariñás e aqueles mariñaos que esixían un hospital na costa, e que tamén intentaban impedir a construcción dunha central nuclear en Xove e pararlle os pés ás eléctricas, e todo eso conseguírono, con loita e mobilización, as nosas lexítimas e pacíficas armas, as mesmas coas que temos que conseguir que non supriman a Área Sanitaria da Mariña e que o noso hospital volva a ser de primeira. Para eso estamos convocad@s diante del este xoves 5 de outubro ás 8 da tarde, porque A Mariña non pode soportar mais infamias nin seguir pagando a traidores, pois como dixo o poeta, xa temos tantas estrelas e tantas lúas sumisas que non caben nin no barco nin na noite.
Antonio Veiga Outeiro



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



