Cada outono, dende hai séculos, Mondoñedo vóltase lugar de cita para milleiros de festeiros e feirantes de diversos puntos de Galicia, e de fóra dela, atraídos pola singularidade dun evento prestixado ó longo dos tempos: as súas feiras e festas das San Lucas. O engado da ancestral cidade engaiola a quen se chega a ela co espíritu disposto e a sensibilidade receptiva para captar a mensaxe histórica que, desde un desusado silencio, emana das vellas pedras que labraron os seus canteiros; dos sons dos músicos insignes ou dos versos apaixoados dos seus egrexios poetas. Dí Alvaro Cunqueiro, no seo “Merlín e familia”, que é ésta unha cidade sonada polos seus bispos e polo cabalar das San Lucas; e dí tamén que é rica en pan, en augas e en latín.
Pero chegadas As San Lucas a cidade amosa unha nova dimensión 😮 xentío, festexeiro e barullador invade as rúas e Mondoñedo, cal vella e paciente matrona, acolle no regazo amoroso a cantos chegan a ela, na procura dunhas xornadas de solaz, vividas na compaña dunhas xentes ás que a longa historia investíu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade.
As feiras das San Lucas, en boa medida, conservan o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión para mercar os mellores productos da horta e os dos seus tradicionais artesáns; mantén o engado da personalidade diferenciada, e cada outono mariñán celebra o mais importante evento festeiro,comercial e social nas seculares feiras e festas das San Lucas; das que, confirmando a súa antigüedade, diremos que son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



