Como en anos anteriores, a Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vendeu rifas co fin de recadar fondos para as festas patronais de Trasbar. O gañador dos 500 euros que se sortean será a persoa que teña no seu poder a papeleta que conten o número que coincide coas catro últimas cifras do 1º premio do sorteo da ONCE do pasado día 19 de setembro de 2017. Este ano o premiado será o que posúa a papeleta co número 7817 xa que o número premiado no sorteo foi o 57.817. Á espera de poder entregar o premio, o colectivo segue á busca do gañador, quen poderá poñerse en contacto co colectivo a través do seu correo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es ou no número de teléfono 605.158.373.
Burgo de Trasbar busca ao gañador dos 500 euros das rifas da Santa Eufemia 2017
Burgo de Trasbar busca ao gañador dos 500 euros das rifas da Santa Eufemia 2017
Relacionado
-
Este martes, 27 de maio, o alumnado das aulas de galego e portugués impartidas por Dores Fernández Abel, profesora de Lingua e Literatura Galega e de Portugués no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, agora xubilada, puxo remate ao curso 24-25
-
Inauguración no complexo RegalXunqueira da exposición “Palabra e Memoria”, mostra en imaxes do incremento do uso do galego nas inscricións funerarias
-
Este martes tivo lugar o acto de izado da Bandeira Azul no inicio da Senda da Costa Naviega,