Polo remate de outubro de 2004, asistímos en Ferreira á presentación do libro O crime de Santa Cruz do Valadouro, da autoría do xornalista daquela bisbarra, Miguel Vila. Digamos que era éste tema que no seu día, e pasados moitos anos, espertaba un grande interese, ao tratarse dun suceso real, que seguíu por moito tempo na memoria colectiva e perante décadas motivo de conversas, elucubraciós e coplas de cego en feiras e mercados, como sucedía sempre que se producía un feito que causaba convulsión tal na sociedade dadas, coma neste caso, as características do mesmo, a crueldade na execución e o insólito da trama.
O 22.ll.88 , seis veciños de Bretoña deciden poñer en práctica o golpe que había tempo viñan matinando: roubar ó cura de Santa Cruz do Valadouro Manuel Neira Murado, con sona de home adiñeirado, xa que tiña cartos prestados pola zona pastoricense.
O brillante traballo de investigación levado a cabo por Miguel Vila, permite ter a versión documentada dos feitos, en grande medida coincidente coa popular, que tantas veces tiñamos escoitado, aínda que ampliadas a descripción dos antecedentes, a realización dos asasinatos e o proceso xudicial: a sentencia, o indulto e a execución do que non o logrou…
Formaban a gavela de delincuentes: Ramón Seco García, Ramón Seivane, Xosé Gabín, Antonio Fernández, Manuel Lugilde (concelleiro en Pastoriza) e Xosé Lindín, que sen atrancos, entran na rectoral e, na cociña,asasinan ó cura e ós catro criados.
A crueldade dos criminais foi tal que os cadáveres apareceron coas bocas tapadas con panos introducidos ata as gorxas, e ó carón o fungueiro dun carro. O botín do roubo: 970 Pts
Celebrado, con gran expectación, o xuicio oral, díctase sentencia: os seis son condenados a morte.A pena produce sensación e aúnanse esforzos por lograr o indulto; e chegou éste, que beneficiaba a cinco; á mañán seguinte o verdugo da Audiencia de Valladolid, Lorenzo Huerta, daba cumprimento á sentencia de morte só para Lugilde. Deiquí procedía o dito, que a vox pópuli acuñara : “ Vas a pagalas coma Lugilde”… Os compañeiros foron trasladados ó cárcere de Ceuta, a perpetuidade. ¿Cál condena sería a menos dramática …?
Na súa intervención Miguel Vila pedíu, con toda xustiza, que á Casa da Cultura que acollía o acto se designara co nome do ilustre dramaturgo valadourense,Manuel Lourenzo, quen pouco había recibira o título de Lucense del Año que concedía a Asociación de Radio e Televisión de Lugo.No mesmo acto o que suscribe tiña a honra de ser receptor de indéntico galardón.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



