O concepto de legal o ilegal está moi suxeito a filosofía xaponesa do aquí e agora, a leis son cambiadas a necesidade polos gobernantes dos estados, transformando algo ilegal en legal ou viceversa cando entra en vigor unha modificación. Quen non lembra, aquela medida histórica socialista de poñer as autoestradas a 110 km por hora, un día ir a 120 era legal e o día seguinte era xa ilegal e multado, por certo medida que so lle veu ben ás empresas de sinais. Calquera Estado avanza na medida que as súas leis son o reflexo da sociedade e regulan de forma sensata a convivencia, cando unha democracia é como din, avanzada, os políticos buscan o consenso para que as normas sexan aceptadas por todos. Entón como é posible que en España se estea permanentemente atados pola Carta Magna do 1978, non ten sentido nin xeito. Está demostrado que hoxe non é unha ferramenta válida, non só polo tema de Cataluña, que o final é a realidade de que España son un conxunto de pobos e nacións. Tamén todos sabemos que o marco de Europa non está recollido na Constitución, a caso non é unha perda de soberanía a política pesqueira común e a agraria. Pois non está recollido na Constitución.
O problema é que temos un Presidente do goberno acostumado a gobernar con maiorías: Deputación , Xunta e Estado. Non ten pois a cultura do dialogo necesaria para construír, ten a cultura do rodeillo que unida o seu dogmático inmobilismo constitucional fai que a sociedade estea estancada, ou peor, comece a estar enfrontada. Non fai uso da capacidade galega de dialogo e sentidiño, os galegos somos xente de pacto de axudas entre veciños, da roga e de impulsar cambios, cantos galegos e galegas impulsaron os Estados da diáspora coa súa natureza emprendedora.
É preciso reformular o Estado, é preciso falar do mundo global. Non é tan complicado, incluso en Alemaña existen rexións que teñen dereito á elección directa ó Parlamento Europeo, como recoñecemento. Galicia ten que estar no Estado e en Europa coa máxima capacidade e competencia, sería un tolo se dixese que Galicia pode competir sola no mundo, pero tamén é de recibo que o noso e noso e que temos que decidir entre nos, respectando o resto. Cal é o problema de votar? Quebec e Escocia fixérono, busquemos pois o marco legal e defendamos cada quen a súa postura.
É fácil agocharse tras un documento de 1978: PP, PSOE e Cidadanos sábeno. O difícil é explicar a necesidade de avanzar e de modernizar o Estado Español. Canta falta de altura política canta covardía e irresponsabilidade.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



