Eu non sei si vostedes coñecen a historia de Ligia Elena. Cantábaa Rubén Blades e explicaba a historia dunha cándida pícara da alta sociedade, que se fora cun trompetista da veciñanza. Ligia Elena renuncia á mansión, á fortuna de papá e vive unha historia de amor con aquel músico que lle ofrece acordes de agarimo eterno. A canción non explica que pasou despois. Tras un ano de tórrido amor, nun cuarto chiquito, aquilo naufraga e o trompeta deixou de bicar as costas arqueadas da bela Elena. Ela volve a casa. E papá e mamá respiran aliviados.
O que non sabe mamá mentres acicala a súa longa melena loura é que xa nada será como antes. Ela non se casará xamais con Porfirio. Deixará de ir ás tardes de costura e non acudirá aos concertos benéficos. Non a veremos pasear en calesa e cambiará a o pouco os seus longos vestidos por roupas máis liviás. O que nunca sospeitaron papá e mamá cando recibiron a Elena no porche da mansión é que o trompetista cambiara para sempre á súa filla. E xa nada sería igual. Ese é o destino dos músicos ambulantes.
Podemos é o trompetista da política española. E é posible que nun domingo de outono, acabemos no cuarto chiquito e humilde dos de Igresiass. E aínda que ao principio as caricias sexan doces e os bicos sinceiros, axiña chegarán as primeiras discusións e romperanse os primeiros pratos. Podemos naceu dun movemento contra, dunha explosión cidadá de rabia e hastío. É unha constelación de protestas, que fan bos diagnósticos, pero non expenden receitas como se esta vendo co tema catala donde cada dia están co margarida n aman si, non si , on. E a súa orixe de protesta na rúa non é compatible co despacho oval. Por iso, multiplicaranse os Monederos e un día serán máis fora que dentro. E Podemos será Puidemos.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



