Covas, 28 de outubro de 2017. A carpa da Federación de Comercio A Mariña, instalada no Parquemar en Covas, acolleu na tarde-noite deste sábado o quinto sorteo de 1.500 en vales de compra da campaña da FCAM, que daba comezo o pasado 24 de setembro e que concluirá o 11 de novembro.
As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada deste sábado os clientes do comercio de Covas as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros en Covas do 22 ao 28 de outubro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra, divididos nun total de 8 premios. Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:
Premios de 100 euros
-Amalia Mª Parapar
-Judith Casas
-Cristina Casas
-Imelda Baño
-Cándida Sofía Martínez
Premio de 200 euros
-Mª José Polo
Premio de 300 euros
-Miriam Fanego
Premio de 500 euros
-Vanesa García
O presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ánxel Vázquez, e membros da directiva da asociación Beiras de Viveiro, de Covas, foron os encargados de entregarlles os premios aos gañadores.
Os seguintes sorteos serán o 4 de novembro en Viveiro e o 11 en Burela. A Mariña Federación destinou máis de 10.000 euros aos premios desta campaña, que chegou neste 2017 á súa terceira edición.