Lugo, 13 de outubro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto Nieto, presentaron este venres a oitava edición da Feira Outlet, que terá lugar os días 17, 18 e 19 de outubro e que reunirá a numerosos comerciantes lucenses ofrecendo nos seus stands centos de produtos con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Fixérono acompañadas pola Presidenta da Asociación de Autónomas e Empresarias, Marta López Yáñez, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas López.
López Izquierdo subliñou que “estamos moi satisfeitos de colaborar coa Asociación de Autónomas na celebración desta iniciativa, xa consolidada, pois trátase da oitava edición. Coa Feira Outlet apoiamos á pequena e mediana empresa luguesa, ao mesmo tempo que impulsamos a economía local, pois en anteriores edicións rexistráronse uns beneficios medios de 100.000 euros, uns 3.500 euros por comercio durante só tres días. Estes datos dan boa conta da repercusión da cita e a boa acollida entre veciños e visitantes da cidade, animando o consumo tanto polos asequibles prezos coma pola súa situación céntrica”.
Pola súa parte, Ana Prieto apuntou que “o Concello, un ano máis, colabora coa Asociación de Autónomas de Lugo, neste tipo de accións tendentes a dinamización do tecido económico lucense”. A edil declarou que “esta Feira Outlet vén precedida por outras iniciativas similares que a Asociación de Autónomas pon en marcha ao longo de todo o ano co respaldo da Deputación e o Concello, coma o Street Market ou a Noite Aberta”.
30 comercios con descontos de ata o 80%
Un total de 30 comerciantes lucenses estarán presentes nesta nova edición da Feira Outlet. Porán á venda centos de produtos variados de stock a prezos considerablemente reducidos, con descontos dun 50% a un 80%. Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, bixutería, pel, agasallos, óptica, peiteado, cosmética, deporte e complementos serán as mercadorías que se poderán adquirir, moitas delas de destacadas marcas.
O listado de comercios participantes é o seguinte: Aluma (téxtil); Backstage Store (téxtil); Baron (téxtil); Black Market (zapatería); Bonec (zapatería e complementos); Bonita Y Coqueta (bixutería e complementos); Casa Piedad (lencería); C. Serrano (roupa de neno); C.V.P. Regalos (agasallos); Destellos (roupa de muller); Dolores Promesas (roupa de muller); Ene Y Efe (calzado); Inpe (peletería); Joyería Senén-M&N Joyas (xoiería); Kucadas Boutique Infantil (téxtil); La Casita Pérez (téxtil de nenos); Lilas (mercería e lencería); Malizia Lenceria (roupa de muller); Miky Moda (comunión, roupa sport e calzado de nenos); Mi Pequeño Vestidor (roupa de muller); Óptica De La Torre (óptica); Peletería Lucus (artigos de pel, bolsos, bixutería); Pisotones (zapatería); Sainkho (téxtil); Stela (téxtil); Thesalia (téxtil); Tolda (téxtil de muller); Vas’s (téxtil); Yute (téxtil).
3 días para mercar
A Deputación cede un ano máis á Asociación de Autónomas e Empresarias a carpa situada na praza Anxo Fernández Gómez detrás do consistorio lucense para a celebración da 7ª Feira Outlet. A carpa, na que se está a desenvolver o Artesanfroilán, estará aberta dende o martes 17 ao xoves 19 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



