Lugo, 21 de outubro de 2017. Olalla Rodil e “Mini” Rivas comprobaron as consecuencias dos lumes destes días no que foi un dos maiores incendios do país. Rodil cualificou de “tremenda imprudencia” por parte de Xunta ter desactivado o dispositivo de loita contra os lumes dadas as condicións meteorolóxicas de este ano e reclamou “un sistema público 100%, operativo todo ao ano e homoxéneo en toda Galiza, ante un rural abandonado e con características orográficas e de abundancia de biomasa como as que hoxe vimos en Cervantes”.
Rodil criticou o desmantelamento das brigadas por parte da Xunta e sinalou “a falta de sensibilidade da Conselleira por ter mobilizado 5 helicópteros na súa visita á esta zona” e sinalou “hoxe comprobamos, máis unha vez, que en Cervantes e no resto do rural o que hai é que aplicar políticas para axudar ás persoas que viven aquí e que son as que realmente poden manter o territorio”.
A parlamentaria por Lugo, Olalla Rodil, lembrou que “o Bloque propuxo en Xuño, despois do lume de Portugal, a necesidade de mudar 180° a política forestal e que a Xunta negouse” e engadiu “naquel momento advertimos que o mellor antídoto para loitar eficazmente contra os incendios é ter un monte ordenado, produtivo e con usos multifuncionais mais, lamentablemente, as políticas da Xunta camiñan en dirección contraria, potenciando o monocultivo de especies que son altamente incendiarias como o eucalipto e desaproveitando a inmensa riqueza do noso monte, clave para ter un medio rural vivo e libre de lumes”.
“O grave problema é a falta de prevención e o abandono do medio rural que ten convertido Galiza nunha selva”, salienta o portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, “ao que se suma un dispositivo heteroxéneo, atomizado con brigadas de todo tipo, sen que exista unha homologación na preparación, nas funcións nin nas condicións laborais”.
O deputado puxo como exemplo as brigadas nos concellos “que aos tres meses, cando o persoal empeza a estar preparado, desaparece e para o ano outra diferente”. “Non pode haber esa heteroxeneidade, hai que tomarse os lumes en serio, e sobre todo a protección da poboación”, recalcou Rivas, empezando por que se cumpra a normativa en vigor que, entre outras cuestións, establece franxas de protección con casas e infraestruturas de 50 metros.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



