O concurso contou con dúas modalidades, mosca e lance, cun total de 20 participantes. “As capturas foron abundantes e tódolos participantes lograron algunha, un deles capturou unha troita de 50 cm. Despois eran devoltas á auga” apuntou Pablo González, presidente do club. “É de agradecer o bo ambiente vivido durante o concurso e a colaboración de todos os patrocinadores” engadiu o presidente, que informa que para este ano a sociedade ten programadas actividades de limpeza do río e xornadas de iniciación á pesca.
![O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/04/O-presidente-da-asociacion-Pablo-Gonzalez-e-Ruben-participante-1024x576.jpg)