Santiago, 05 de outubro de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avalía cos sindicatos agrarios a revisión dos baremos por danos e a adaptación do Plan de xestión do lobo á realidade actual da especie. Así, en consonancia co compromiso adquirido por esta Consellería, a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos representantes sindicais co fin de coñecer as súas propostas de cara á planificación do 2018, en canto ás medidas que permiten combinar a conservación dos animais coa viabilidade das explotacións gandeiras.
Neste senso, Ana María Díaz trasladou que o departamento que representa é consciente da importancia que teñen para o sector as axudas para a reparación dos danos, polo que se continuará coa axilidade nas súas concesións e revisaranse, se procede, os baremos actuais, co fin de establecer axudas para os gandeiros máis xustas e no menor tempo posible.
A previsión é, tamén, actualizar o Plan, especialmente no relativo á zonificación do seu ámbito de aplicación e ás medidas de xestión, polo que se actualizarán ás zonas establecidas na planificación tomando como base o último censo da especie, elaborado no período 2013-2015, xunto coa información recompilada ao longo dos anos, e que poñen de manifesto que as circunstancias variaron nos últimos 9 anos.
Por último, a directora xeral reiterou a aposta da Xunta de Galicia por seguir traballando na senda da prevención dos danos, pois a longo prazo resulta máis rendible que investir só en danos, e recordou a liña de axudas destinadas especificamente á prevención de ataques, dotada con 400.000 euros para a adquisición de cans mastíns, pastores eléctricos e mallas electrificadas. Tamén se mantiveron as axudas para paliar os ataques á gandería e que este ano está dotada con 380.000 euros, un 6% máis que no 2016.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



