Mondoñedo, 08 de outubro de 2017 .- Mondoñedo expón os seus recursos e infraestruturas turísticas a operadores, editoriais e bloggers de referencia no sector turístico co fin de posicionarse como final de etapa do Camiño Norte.
A alcaldesa, Elena Candia, e o tenente de alcalde, Manuel Otero, recibiron esta mañá na Casa do Concello a diferentes operadores, editoriais e bloggers de referencia no sector turístico, que ao longo da xornada de hoxe están a visitar diversos puntos de interese da Cidade.
Así, a alcaldesa destacou a importancia desta visita que “é un exemplo máis do gran valor turístico co que conta Mondoñedo e que suscita o interese dos profesionais do sector, os cales son os que mellor poden dar a coñecer a nosa Cidade”.
Neste senso, esta visita significa, ademais, unha toma de contacto para sentar as bases de colaboración e traballo de cara a accións e actividades a desenvolver nos vindeiros meses.
Candia, tamén, fixo fincapé na labor que se está a facer desde o Concello para promocionar Mondoñedo xa que conta cun “importante potencial turístico avalado polo noso patrimonio cultural, natural, artístico e arquitectónico”.
Agradecementos
Durante a súa intervención, a alcaldesa tivo palabras de agradecemento para os operadores, editoriais e bloggers polo seu interese por coñecer a Cidade e pola labor que están a facer para promocionala. Tamén, aproveitou para desexarlles unha feliz xornada nun entorno de inmensa beleza.
As empresas do sector que acudiron na xornada de hoxe a visitar Mondoñedo son Tee Travel, EuropaMundi, GaliWonders, Editorial Buen Camino, EnfocaGalicia, GaliciaMola, Turigrino, Europa Mundi.
Nesta xornada, estes profesionais do sector turístico visitaron, durante a mañá, o Centro Cultural de Alcántara, o Centro de Interpretación do Camiño Norte de Santiago, o Taller de Serigrafía, e o Alfar e o Taller de Cantería no Barrio de Os Muíños. Xa a mediodía, gozarán dun xantar de produtos típicos de Mondoñedo. E, para rematar a xornada, visitarán a Cova do Rei Cintolo, a Praza da Catedral e a Catedral Basílica da Asunción.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



