Viveiro 13-10-17. O BNG de Viveiro anuncia que van demandarlle ao goberno muncipal a posta en marcha dun Plan de actuación ambiental na contorna do paseo fluvial do río Landro, axeitado a criterios respectuosos coa natureza, para asegurar unha protección especial da flora e fauna deste espazo natural.
Os nacionalistas denuncian que o ecosistema fluvial que conforma o paseo fluvial do río Landro, incluído na Rede Natura 2000 e na Zona de Especial Conservación (ZEC), está sufrindo o crecemento e expansión de especies foráneas e invasoras, principalemente eucaliptos e cortadeiras selloanas, ou máis coñecidas popularmente como “plumachos”, co consecuente perigo e ameaza que isto supón para ás árbores autóctonas e a biodiversidade deste espazo de especial conservación.
Os membros da organización frontista demandan unha actuación urxente neste espazo natural e propóñenlle á alcaldesa socialista, María Loureiro, o a posta en marcha dun Plan de actuación ambiental na contorna do paseo fluvial do río Landro que inclúa, nunha primeira fase, as seguintes actuacións:
•A identificación das especias invasoras existentes e sobre as cales é posible actuar.
•A tala controlada dos eucaliptos identificados e a eliminación, polos medios axeitados, dos plumachos así coma de todas as demais especies invasoras.
•A repoboación da zona con árbores autóctonas propias da ribeira.
•O estudo e catalogación das especies de flora e fauna desta contorna para poñer en valor a súa biodiversidade e dar a coñecer o o seu alto valor ecolóxico, promovendo a súa conservación e protección.
•O seguimento e control ambiental da zona





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



