Lugo, 4 de outubro 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana, asinaron este mércores no Pazo de San Marcos, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 22 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.
Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo de promover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como unha das liñas de actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.
O Presidente explicou que esta cita “é un referente en toda provincia, unha celebración na que se pode desfrutar e vivir dunha das feiras máis tradicionais e senlleiras de Galicia, organizadas polos veciños do Concello, que durante unha semana, encherán de visitantes a Mondoñedo e a súa contorna, dinamizando a economía e o turismo de toda a Mariña. Si as San Lucas seguen perdurando no tempo, ano tras ano, é grazas ao empreño xeneroso de xente anónima e desinteresada que non quere perder as súas tradicións”. Campos Conde destacou que durante estas xornadas os participantes poderán gozar dunha programación de primeiro nivel que conxuga a música tradicional galega, promove a cultura e a tradición cabalar e contribúe a dignificar a historia, “ao tempo que impulsamos unha cita que se celebra dende hai máis de 860 anos “.
Gran tradición cabalar
As Feiras e Festas das San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1.156, e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das máis antigas de Europa. O cabalo é o protagonista indiscutible desta cita, que comeza o 17 de outubro a partir das 18:45 horas, coa baixada dos cabalos dos montes de Mondoñedo, que percorren as rúas céntricas da cidade, ata chegar á Praza da Catedral, para despois rematar nos Remedios, onde se celebra a feira. Este ano a organización ten previsto repartir preto de 8.000 euros nas máis de 50 categorías de premios que se reparten entre a gran Feira tradicional de gando que se celebra o 18 outubro no Campo dos Paxariños; e no Recinto da Granxa, que acolle o concurso de andadura galega. O sábado 21 de outubro, celebrarase a gran final da Copa Galicia de cabalos e eguas de Pura Raza Galega, onde tamén haberá espectáculo de doma e sinfonía ecuestre. Para clausurar, o 22 de outubro terá lugar o concurso de cabalos trotóns.
Programa de actividades
As festas comezarán o 17 de outubro ás 20:45 horas no Auditorio Pascual Veiga do Concello, onde terá lugar o pregón a cargo do xornalista lucense Miguen Anxo Murado, que previamente, xunto a outras autoridades, realizará unha homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela no interior da Catedral. O cartel das feiras das San Lucas é obra do autor mindoniense Xosé Vizoso, que amosa unha recreación da portada do libro editado pola Deputación en homenaxe ao autor, nomeado Fillo Predilecto da cidade. O extenso programa inclúe os concertos de Brais Rodrigo e Medina Azahara, o festival local Voces da Paula, charangas, grupos de gaitas, así como exhibicións de deporte rural vasco, caravana de tractores clásicos, encontros folclóricos, contacontos, teatro ou maxia. Ademais, o 22 de outubro, haberá unha homenaxe a Pascual veiga, autor da Alborada no Cemiterio Vello, e á sección mindoniense das Irmandades da Fala no centenario da súa Fundación. Por último, o Colectivo Mondoñedo É… fará entrega do Premio Mondoñedo, na modalidade de poesía.
Miguel Souto agradeceu a implicación da Deputación nesta Feira e convidou a todos os visitantes a achegarse á cidade de Mondoñedo para coñecer unha feira que aínda conserva a esencia de antano, e que ao mesmo tempo sabe conxugar modernidade e tradición. Ademais destacou que “é unha boa oportunidade para descubrir os recursos patrimoniais, culturais e paisaxísticos de Mondoñedo”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



