Lugo, 4 de outubro de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández, o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López Fernández; acompañados de representantes de ACRUGA, OVICA, entre outros, presentaron este mércores a programación do ExpoLugo Rural 2017, unha feira multisectorial de referencia para o sector e que se celebra esta fin de semana, coincidindo co San Froilán, no Pazo de Feiras e Congreso. O Goberno Provincial colabora con 20.000 euros, convertendo á Deputación na principal patrocinadora desta cita, de referencia para o sector gandeiro e agroalimentario; así como cunha exposición do CENTRAD.
O Deputado valorou a importancia desta cita, que conta de media, con 16.000 visitantes, e na que participarán un total de 400 cabezas de gando –das que o 90% son de Lugo- que teñen un valor estimado de medio millón de euros. Tamén haberá un total de 50 expositores de alimentación, artesanía, alimentación e gandaría.
Santos Ramos destacou que “dende o Goberno da Deputación decidimos colaborar con esta iniciativa para recuperar o ámbito máis tradicional do San Froilán que, historicamente, se coñecía como a feira das feiras. Durante moitos anos, a cita atraeu a gandeiros de toda a provincia para comercializar os seus produtos na capital luguesa. Ademais, o ExpoLugo Rural é a cita de gando de carne máis importante xa non só de Galicia, senón no noroeste peninsular, o que a converte nun escaparate único para produtores e gandeiros lucenses”.
“Os lucenses non podemos crer que o rural énos algo alleo. Todos somos o rural: porque participamos del, porque cremos nel ou porque nos enriquecemos de todo o que produce. Non se pode entender a provincia sen o medio rural, sen os seus gandeiros, os produtores, os transformadores, e como non, sen os artesáns lucenses; todos eles representados nesta cita multisectorial do sector gandeiro e agroalimentario”, apuntou.
Miguel Fernández Méndez, puxo en valor esta mostra agroganderia, xa consolidada no sector e un referente tanto na provincia como na comunidade. Así mesmo, o edil destacou a aposta do Concello de Lugo polo rural, como nicho de emprego, capaz de fixar poboación e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. De feito, o Goberno local busca continuar impulsando o rural, a través do desenvolvemento económico das 54 parroquias lucenses, que representan o 80% do noso territorio, así como coa dotación de servizos e infraestruturas rurais”.
Ruben López Fernández, Xerente de Pazos e Congresos de Lugo, agradeceu a colaboración da Deputación e do Concello de Lugo na celebración desta nova edición, que se celebrará os días 7 e o 8 de outubro, dende ás 11 da mañá ata ás 21:00 horas, na que a entrada é gratuíta.
Mostra gandeira e agroalimentaria
ExpoLugo, A Rural terá lugar do 7 e 8 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Nela poderase desfrutar da mostra gandeira, que se converterá na máis completa exposición gandeira de Galicia xa que nela participarán as principais razas autóctonas galegas, así coma outras de ámbito nacional, coa presenza das súas asociacións xestoras e de animais en vivo. Razas de bovino, caprino, equino, porcino e avícola, que farán as delicias de pequenos e maiores, nun acercamento e revalorización do eido rural á cidade. No programa tamén haberá unha mostra agroalimentaria de Razas Autóctonas, e que contará cunha exposición de produtores de razas autóctonas con venda de produtos directamente do produtor ao consumidor.
Impulso da artesanía
O Goberno da Deputación tamén colabora a través do CENTRAD, que levará un stand. Alí despregarase unha pequena exposición representativa das pezas que acolle o centro de artesanía e deseño provincial. A mostra incluirá 45 pezas de cerámica tradicional de Gundivós, Bonxe, Niño de Aguia e Buño; outras 15 de cestería; 12 de cantería; 3 traxes tradicionais rústicos e 1 cabaceiro.
Oportunidade de negocio
Na Feira participarán stands de empresas relacionadas co sector rural e gandeiro, no que destacarán as últimas innovacións e servizos nos sectores gandeiro e agrario que, na provincia de Lugo, supoñen unha parte esencial tanto a nivel económico como social, axudando a mellorar a súa competitividade, converténdose así nunha boa oportunidade de negocio tanto para empresas e entidades como para os propios gandeiros.
Máis actividades
Ademais da zona expositiva agrogandeira, agroalimentaria e artesá, esta Feira verase completada con outras actividades sempre relacionadas co sector primario. Deste xeito, terán lugar, entre outras actividades, a presentación de produtos e novidades no sector en servizos como ferramentas, aplicacións e maquinaria. Tamén haberá charlas técnicas, celebración de asembleas e xuntanzas de socios, desfile do gando de razas autóctonas pola rúas de Lugo, IV Concurso- Exposición Provincial da Galiña de Mos, I Concurso de Raza Porco Celta, Curso de Xuíces de Raza Rubia Galega, Concurso-Exposicións de Gando de Raza Rubia Galega e degustacións de produtos de raza autóctona.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



