Lugo, 2 de outubro de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participou este luns na clausura das VI Xornadas técnicas do ovino e cabrún, organizadas, entre outros, pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), que tiveron lugar nas aulas de formación da Granxa Gayoso Castro e coas que colabora a institución lucense. De feito, o Goberno Provincial converte á Deputación na principal administración colaboradora desta cita de referencia para o sector, cunha achega económica de 3.000 euros. A Xunta de Galicia achega 1.500 euros. Na inauguración das mesmas, participou tamén o Deputado de Medio Rural e do Mar, Lino Rodríguez Ónega.
Santos Ramos quixo recoñecer a labor desta asociación por dar máis visibilidade a este sector, en clara defensa dos produtores galegos e, polo tanto, lucenses. A actividade sostida de OVICA é de vital importancia tanto por desenvolverse nun entorno eminentemente rural, como por potenciar nun sector como é a cría e explotación do gando ovino e caprino.
O Deputado destacou que “na provincia de Lugo hai ao redor de 6.700 explotacións de gando ovino e cabrún, o que representa un 30 % do total de explotacións galegas, unhas 21.700. Do total, 67 son de entre 100 e 249 animais e 14 máis de 250 animais, o resto, son agrupacións familiares que non chegan ás 100 cabezas de gando. É por iso que, dende este Goberno, colaboramos con OVICA en diversos proxectos, dentro da nosa aposta por unha Deputación social, rural e coas persoas. Pero a pesares disto, a produción cabruna e ovina precisa dun maior compromiso das administracións competentes para conseguir un desenvolvemento en condicións deste sector que, a diferenza do vacún ou do porcino, non conta co impulso do que precisa”.
Santos Ramos destacou que o Goberno Provincial colaborou estreitamente con dita asociación para a creación da marca da garantía Pastores de Galicia, que conta, hoxe en día, con 14 produtores adheridos. Trátase dun distintivo para recoñecer o valor do “año e cabrito do país” producido en Galicia dun xeito artesanal e propiciar a profesionalización de todo o sector, de xeito que os gandeiros e gandeiras acaden unha maior renda, que poida repercutir en novos investimentos nas súas granxas. Tamén, a TIC da Deputación, foi a encargada de elaborar o vídeo que promociona esta marca, que foi gravado en explotacións de Friol e Guntín. Nel, amósase o xeito especial de crianza e alimentación natural baseado no pastoreo, que empregan os criadores lucenses integrados nesta marca.
Transformación do sector
O Deputado de Relacións Institucionais non quixo desaproveitar a oportunidade para poñer en valor “a implicación da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia en proxectos e accións de I+D+i, para conseguir unha modernización do sector”, apuntou. Proba disto son as colaboracións en proxectos de investigación co Campus Terra da USC e co Centro Tecnolóxico da Carne; e co acollemento de estudantes universitarios para a realización de prácticas durante os seu estudos.
Santos Ramos valorou a capacidade de integración desta asociación, que reúne a máis de 170 socios gandeiros, dos que 84 son lucenses, e aos que garante unha excelente prestación de servizos especializados como a solicitude de axudas en común, apoio técnico e profesional, asesoramento, formación; así como a celebración de eventos e xornadas como o de hoxe.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



