Lugo, 13 de outubro de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Comisaria da exposición, Rosario Sarmiento, inauguraron este venres, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo, a mostra Francisco Lloréns, o pintor da paisaxe galega. Trátase da mostra itinerante sobre o pintor coruñés que estará exposta ata o 5 de novembro no Museo Provincial de Lugo. O Consorcio As Mariñas e a Axencia de Turismo de Galicia, coa colaboración do Museo Provincial de Lugo, puxeron en marcha a Ruta do Impresionismo das Mariñas, centrada na figura do pintor co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e cultural das Mariñas. A exposición, que xa estivo en Pontevedra e Vigo, está formada por 5 cubos explicativos, con información sobre a vida e obra do artista galego e sobre a ruta turístico-cultural.
García Porto subliñou que “é un pracer poder acoller no Museo Provincial de Lugo esta exposición do primeiro paisaxista galego e un referente da arte contemporánea, Francisco Lloréns, que tivo ás Mariñas como unha das protagonistas principais da súa obra”. A Deputada de Cultura destacou que “esta é unha boa oportunidade para que os visitantes ao Museo Provincial coñezan as 5 pinturas de Francisco Lloréns que temos expostas nas nosas salas e que forman parte das coleccións permanentes”.
O horario para visitar a exposición é de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.
5 obras do pintor no Museo Provincial
O Museo Provincial de Lugo custodia, na actualidade, 5 obras de Francisco Lloréns. En concreto, na sala 12, están expostas Eucaliptos e Paisaxe de Betanzos; e no espazo dedicado á biblioteca, están Fábrica de Sardiñas, A volta da pesca e Alegoría da pesca.
Francisco Lloréns Díaz
O pintor naceu na Coruña no ano 1874. Foi bolseiro pola Academia Española en Roma e viaxou tamén por Bélxica e Holanda, en compañía doutros artistas subvencionados. Viviu uns meses de intenso traballo en Bruxas, cidade que lle causou unha profunda impresión. En 1906 regresou a España, e participou en exposicións colectivas en Madrid, Barcelona, Panamá ou Bos Aires. Con ocasión da Exposición Iberoamericana de Sevilla encargóuselle a organización do Pavillón de Galicia, que decorou cun friso de motivos galegos. Tras o estoupido da guerra civil foi evacuado a Valencia, dedicándose á pintura de bodegóns. Concluída a contenda volveu á súa actividade artística en Madrid, pasando os veráns na súa terra natal, dedicado á pintura das súas paisaxes. En 1942 foi nomeado Académico na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde ingresou en 1943. Tamén foi socio de honra da Academia de Belas Artes e da Real Academia Galega. A partir de 1945 comezou a decaer a súa saúde, padecendo perdas de memoria. Faleceu no 1948 en Madrid. Os seus restos están no cemiterio de San Amaro, na Coruña.














A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.



