Lugo, 27 de outubro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este venres o novo hangar de piraguas do Club Kayak de Foz, que o organismo provincial financiou en solitario con 100.000 euros e que dende comezos de mes xa funciona a pleno rendemento. Fíxoo acompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez. No acto tamén participaron o Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, e o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García.
Campos Conde lembrou que “fai un ano mostramos o noso firme compromiso para facer posible a construción deste novo hangar de piraguas, nunha clara aposta polo deporte como motor de dinamización social e económico da provincia. E hoxe estamos aquí, de novo, para ratificar este compromiso. Pois o hangar é xa unha realidade, grazas a achega de 100.000 euros do Goberno que financiou en solitario o proxecto”.
O Presidente da Deputación subliñou que “con esta nova instalación, respondemos a unha vella demanda do Club Kayak de Foz, habilitando un novo espazo con capacidade para máis de 100 embarcacións, e poñendo fin as deficiencias coas que contaba o club, que impedían a mellora do seu rendemento competitivo”.
O novo edificio, que se construíu anexo ás antigas instalacións, ten unha superficie de 480 metros, con capacidade para 116 embarcacións de tipo K-1, permitindo o pleno desenvolvemento das labores de formación e promoción do piragüismo na Mariña, e cubrindo a demanda de espazo existente debido ao elevado número de usuarios desta modalidade deportiva.
“Como mariñán, coñezo perfectamente a importancia e dilatada tradición coa que conta o piragüismo nesta zona, ao tratarse dunha disciplina deportiva con moito arraigo e afección. Falar do Club Kayak de Foz é falar de historia viva do piragüismo lucense. A punto de cumprir 35 anos, conta con máis de 70 deportistas integrando as súas filas. Somos conscientes de que a súa labor resulta fundamental para promover un estilo de vida saudable e fomentar entre os máis pequenos valores tan importantes como o compañeirismo ou a superación persoal, valores intrínsecos a este deporte. Por iso consideramos que esta instalación non é un gasto, senón unha inversión de futuro”, destacou Campos Conde.
Voto en contra do PP
O Goberno da Deputación presentou ao Pleno do mes de outubro de 2016 unha proposta para achegar 100.000 euros ao Club Kayak de Foz. Con este orzamento, o Executivo Provincial buscaba financiar a ampliación das instalacións desta entidade, en resposta á petición que lle formulou o club focense. Porén, o Partido Popular votou en contra da proposta do Goberno Provincial para poder iniciar a execución do proxecto, que se viu retrasado catro meses, bloqueando o inicio dos traballos ata o mes de febreiro. Con todo, na inauguración de hoxe tamén participou o Deputado Provincial polo PP, José Manuel Yanes Ginzo.
Características
O novo edificio conta con dúas plantas. A zona baixa reservarse para o almacenamento de piraguas e tamén conta cun taller para poder levar a cabo pequenas reparacións, mentres que no segundo piso habilitouse unha zona de oficinas e de usos múltiples. A necesidade de realizar estas obras vén dada polas graves deficiencias que presentaba a antiga instalación, cun importante deterioro da cuberta, e a escaseza de espazo debido ao crecemento exponencial do club nos últimos anos.
Club Kayak de Foz
O Club Kayak de Foz fundouse no 1983 e actualmente dispón dunhas 70 licenzas federativas. É o organizador da Travesía de Foz, un dos eventos máis importantes que teñen lugar na Mariña no eido deportivo. En efecto, trátase da terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia. Dende que se organizou por primeira vez, no ano 1962, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade. A Deputación é a principal patrocinadora deste evento deportivo, pois achega 7.000 euros, mentres que o Concello de Foz aporta 5.000 euros e a Xunta 1.500.
Apoio ao piragüismo
A achega para a construción do novo hangar en Foz, enmárcase na aposta do Goberno da Deputación polo pulo ao piragüismo na provincia luguesa e sumase ás axudas de 200.000 euros que se concederon aos 7 clubs desta práctica deportiva que hai na provincia. Estes son: Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Cidade de Lugo, Club Fluvial de Lugo, Club Kayak de Foz, Club Piragüismo Viveiro, Club Piragüismo Altruan e Club Montaña Quixós.
Así mesmo, o Executivo Provincial achegou 85.000 euros a través dun convenio á posta en marcha e revitalización da escola de piragüismo de titularidade provincial de cara á temporada 2017-2018. Deste xeito, son os propios clubs os que directamente xestionan a escola de piragüismo, situada no entorno de Os Robles.
Esta iniciativa responde ás peticións dos 7 clubs, que consideran que é a axeitada para a posta en valor desta disciplina deportiva en Lugo e resulta un paso intermedio para que a Escola garanta a selección de novas promesas nesta disciplina, e deste xeito, acadar os niveis de anos anteriores. Tamén contempla a contratación de máis monitores de adestramento, adquisición de novo material técnico, así como a promoción do piragüismo no conxunto do territorio lugués, con campañas divulgativas que se levarán, por exemplo, aos centros educativos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



