Ribadeo, 30 de outubro de 2017.- O Partido Popular no Concello de Ribadeo denuncia o estado de abandono no que o goberno municipal ten o inmoble coñecido como Muíño da Ignacia, que está na parroquia de Ove e que fora rehabilitado no seu día cun importante investimento.
O concelleiro popular Chema Suárez di: “desde o Partido Popular non nos queda outra que volver acudir aos medios, que é a única posibilidade que temos. Aínda que se nos diga que estamos revolvendo, o que estamos facendo é un traballo que outros non fan e para o cal fomos elixidos. Temos que criticar o abandono en xeral do concello de Ribadeo, non soamente no casco urbano, que é visible, pero tamén o que hai en xeral na zona rural e que en reiteradas ocasións tivemos que denunciar”.
Chema Suárez explica que “estes días chegáronnos fotos dun inmoble en concreto, que é o Muíño da Ignacia, en Ove, un sitio precioso. Foi restaurado na súa época, xa hai anos, cun importante investimento con cartos municipais, a través dun obradoiro de emprego, no cal se investiu unha importante cantidade de cartos de todos os ribadenses. Eu achegueime ata alí para comprobar como estaba aquilo e o estado é lamentable: silvas que pasan por riba do tellado, ventás rotas, portas reventadas, signos de que alguén entrou ou entra nalgúns momentos determinados e difícil acceso”.
O edil popular manifestou tamén que “é un edificio que quedara moi ben restaurado, incluso cunha pequena ponte de madeira pola cal podíase acceder e hoxe quedan catro táboas podrecidas que poden ser perigosas se alguén se aventura a pasar por elas”.
Chema Suárez pregúntase “como é posible que cheguemos a estes extremos, como é posible que tendo unha concelleira con dedicación exclusiva e que presume continuamente de traballar a favor do turismo ribadense, que anuncia a bombo e platillo o programa turístico Xeodestinos, que parece que só serve para ensinar un pouco Ribadeo porque senón non o entendemos. Como é posible que edificios que teñen un inmenso valor cultural e paisaxístico podan atoparse na maneira que se atopan, en total e absoluto abandono, máximo cando se destinaron orzamentos públicos e polo tanto de todos os ribadenses. Podíamos disfrutalo organizando rutas, que agora é imposible facer porque ese muíño é actualmente de difícil acceso. Por non quedar non queda nin o cartel que anunciaba a antigüidade do muíño e o que foi na súa época. Tamén nos preguntamos como esta concelleira non se preocupa pola conservación e o mantemento destes edificios, que teñen un valor e polo tanto podían estar dentro dunhas rutas nas que a xente en verán ou noutra época do ano podían visitalos. Incluso hai outras rutas que agora mesmo están tapadas, segundo me explicou xente que fai sendeirismo”.
Para o concelleiro do PP “podía ser un atractivo máis. Temos As Catedrais pero existen outras moitas cousas onde Ribadeo podía tomar exemplo doutros concellos limítrofes, tanto galegos como da parte de Asturias. Vemos que soamente saen na prensa con slogans moi chulos, titulares moi guapos con foto incluída do concelleiro de turno. Dende o PP de Ribadeo pensamos que o que hai é falla de defender o que temos, de promover o turismo en serio; e isto había que arranxalo con orzamento, cunha programación de mantemento. Pensamos que non é difícil cando hai ideas e nosoutros estamos vendo que este equipo de goberno, o alcalde, os concelleiros e o Bloque Nacionalista Galego en xeral, están xa sen ideas. Dedícanse a falar doutras cuestións que lles dan máis bombo na prensa, a saír sempre por peteneras, a dicir que o PP revolve, pero non hai ideas”.
Chema Suárez di que “xa non teñen algo que ilusione aos ribadenses. Nosoutros non estamos revolvendo nada, estamos facendo un traballo para o que fomos elixidos polo pobo, un traballo que moitas veces tiñan que facer eles, non nosoutros. Pero á vista de como está a situación alguén ten que poñer un pouco de sentidiño. Como este edificio hai outros moitos totalmente en ruínas. Estaba impecable, pero agora o único que se lle mantén de momento é o tellado e xa hai unha parte que o están cubrindo as silvas. Moito nos tememos que volverá quedar moito peor do que estaba antes de ser rehabilitado noutra época onde si se atendían as cousas, se facían os traballos, se pedían subvencións e se traballaba por arranxar eses problemas. Esperamos que alguén tome cartas no asunto e faga algo para manter ese edificio en boas condicións, ao igual que outros moitos lugares que tamén están totalmente abandonados, como vemos día a día”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



