Foz 30-09-2017. Din que o tempo pon todo no seu lugar e da e quita razóns e así esta pasando en Foz, agora resulta que o alcalde Castiñeira é partidario de peatonalizar a avenida da Mariña
Aos socialistas agrádanos que recolla a proposta estrela presentada no programa electoral co que o PSOE concorreu ás eleccións. Cabe recordar que os socialistas fixemos una campaña porta a porta para textar a opinión da xente sobre o tema e unha reunión, na casa da cultura, para informar aos veciños de todo o pobo sobre a posible peatonalización e para recoller as súas suxerencias á proposta
Agora ben, aínda que nos comprace a actual postura do rexedor, non podemos deixar de tachala como de unha hipocrisía supina, máxime cando aínda retumban as burlas e insultos que tivo que soportar o PSOE cando fixo a proposta. Ou cando vemos que as propostas de ampliación das vías alternativas, rúas Pilar e Cemiterio, caen en saco roto unha e outra vez, e a día de hoxe o Sr. alcalde ve nelas a solución.
O PSOE é coñecedor de que agora hai voces discordantes na avenida Álvaro Cunqueiro. Veciños que non queren que todo o peso tráfico o sufra a súa rúa. O tempo demostra, unha vez máis, que o PSOE tiña a razón cando lle dixo ao Alcalde que o que estaba facendo era empezar a casa polo tellado. Xa que, aínda sendo partidarios da peatonalización, os socialistas sempre reclamamos que antes había que buscar unha vía alternativa ao tráfico.
Peatonalizar hoxe avenida da Mariña supón superar varios retos. Coma suprimir todos os aparcadoiros da mesma e a metade dos de Álvaro Cunqueiro cando, non se tivo en conta dispor de prazas alternativas definitivas. O aparcadoiro enriba do porto esta habilitado sobre fincas privadas sen convenio subscrito e hai propietarios que se están volvendo atrás. Hai que ampliar a rúa do Pilar e dotar de beirarrúas a do cemiterio, medidas ambas para as que, o PSOE, leva pedindo se contemple partida nos orzamentos desde o inicio do mandato coa negativa seguida do Alcalde. Só agora, cando ve as orellas ao lobo e a realidade lle da na cara, ábrese á posibilidade.
Cabe a oportunidade de utilizar o solar que hai enfronte da casa de cultura para procurar uns aparcadoiros suficientes e contar cunha praza ao incluír no PXOM, a petición o grupo municipal socialista, que se rebaixaran as alturas e que se limite a construción ao fondo do solar. Pero aínda estamos ás expensas de aprobar o plan xeral. Xa fai mais dun ano da aprobación provisional e non hai visos de que en breves se dea a definitiva. Tivemos que soportar as presas de Alcalde para súa aprobación e nada. O grupo socialista leva preguntado máis de catro veces por el e todo son largas, mentres as consecuencias estanse a ver, construcións de cinco alturas onde co novo plan xeral serían de dúas, estruturas recién iniciadas e paralizadas a medio facer coma a de enfronte do Dandy, construción prevista na antiga cofradía, supoñemos que de varias alturas ou un tanatorio e unha gasolineira no medio do pobo. E seguro que, o solar que propoñiamos para aparcadoiro, acabará sendo unha mole de edificio de cinco alturas ou máis. Parece que o Alcalde está esperando a para que así sexa.
Esta é a maneira de facer do noso gobernante, desidia en temas moi importantes para o desenrolo do pobo de Foz e manobras como, fraccionamentos de contratos para non sacar obras a concurso público e darllas ás empresas amigas ou aínda que salgan, concederllas sempre á mesma empresa, como o curioso caso do pavillón, que a pesares se presentarse empresas potentes acabou en mans da mesma que leva todo en Foz. Unha baixada de 100.000€ ao final permitiuno pero, ou moi inflado estaba o orzamento das outras ou os materiais non poden ser os mesmos.
















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



