Burela 26-10-17. A representación estará patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial a través do Programa Buxiganga 2017 e da propia Delegación Municipal de Cultura do noso Concello. A entrada será libre e para maiores de 12 anos.
Hipócrita Teatro naceu en Lugo no ano 2004. Dende a súa creación a compañía amador levou a escena espectáculos teatrais de diferentes xéneros, a mayoría de creación propia. Entre eles cómpre destacar Miserere( drama sobre a violencia de xénero); Menestra de testosterona; Unha historia con pau e Emperador, que pensas? Fala!, así mesmo ten participado en numeroos espectáculos de rúa, performances, conta contos, sempre con fins culturais ou sociais.
A obra “Hotel Desencanto”, é una peza de teatro contemporáneo, dirixida por Carlos Rebolo, que mestura comedia, drama e suspense. A obra está estruturada en cinco escenas: A primeira serve de introducción e presentación dos personaxes e sitúa ao espectador no contexto onde se vai desenrolar a acción: oito hóspedes van chegando a un hotel onde os recibe un recepcionista que lles entrega as chaves das súas habitacións.
As seguintes catro ben puideran suceder de xeito simultáneo, aínda que ó espectador se lle presenten de forma secuenciada. Cada escena mostra o que acontece dentro dunha das habitacións.Cada escena é unha historia con principio e fin.
HOTEL DESENCANTO non é o mellor lugar para vivir situación idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignóralo. Todos , ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable.Lograrano?
A peza está recomendada para público maior de 12 anos.