Este pasado fin de semana os sendeiristas de Burela desprazámonos ata o parque natural de Peneda-Gerês en Portugal, para realizar a ruta de sendeirismo “Vía Nova”. Dentro deste parque natural que é o único do país veciño, atópase esta ruta que transcorre por varios tramos da calzada romana que unía as cidades de Braga en Portugal e Astorga en España, na que se atopan mais de 270 milarios romanos que servían para sinalizar as distancias en millas, sendo a maior concentración de milarios de toda Europa.
De camiño ao Gerês aproveitamos para visitar o Santuario do Bom Jesús en Braga e Guimarães, lugar onde naceu Portugal e recoñecido como Patrimonio da Humanidade. Participamos 55 sendeiristas e estivemos acompañados polo presidente honorífico da Asociación e Alcalde de Burela, Alfredo Llano.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



