Ribadeo, 16 de outubro de 2017. A Concellaría de Turismo fai un balance positivo da ponte do Pilar na que a ocupación hoteleira superou o 85%, segundo os datos que manexa o propio Concello. A edil de Turismo, Ana Martínez, salientou que máis de 3.600 persoas realizaron consultas nas oficinas de turismo da vila e da praia das Catedrais. Este areal, segundo a edil ribadense, rexistrou algunha xornada da ponte milleiros de visitas, ao igual que no verán, aínda que agora é posible acceder á famosa praia sen os pases da Xunta.
Ana Martínez manifestou que “o balance a nivel turístico desta ponte de outubro para Ribadeo é moi bo. Seguimos sendo un destino importante para disfrutar e descansar para un gran número de visitantes tal e como puidemos ver durante estes días polas rúas de Ribadeo, e isto deriva en que a ocupación hoteleira estivo por riba do 85%. A 12 de outubro, eu creo que esta é moi boa noticia”.
Para a concelleira “ademais dun verán moi bo como foi este, a ponte de outubro supón un folgo neste tránsito que en ocasións é verdadeiramente duro, pasar ese inverno ata volver de novo á tempada un pouco máis alta como pode ser a Semana Santa, precisamente esta ponte supón ese folgo no tránsito da tempada baixa. No noso concello os meses de setembro, outubro e novembro seguen sendo aínda dun importante movemento turístico”.
A edil nacionalista lembrou que “as oficinas de turismo estiveron abertas tanto a da praia das Catedrais en horario de tarde coincidindo coa marea baixa, como a de Ribadeo durante todos os días tanto o festivo como na fin de semana en horario normal, atendida ademais con dúas persoas. Foron 3.600 visitas aproximadamente as que se contabilizaron nas dúas oficinas. Preto de 1.000 na propia praia das Catedrais e tendo en conta que o horario que se atendeu na praia foi de catro a oito de xoves a domingo, creo que é unha cifra importante na que segue sendo ese punto tractor non soamente para os visitantes que se achegan a Ribadeo, senón ademais para toda esta comarca”.
Ana Martínez engadiu que “moita xente é coñecedora de que durante estes meses xa non é preciso retirar os pases de acceso á praia e deixaron para estas datas a visita á praia das Catedrais na que se as consultas roldaron as mil, as visitas estiveron en momentos case como en pleno mes de agosto”.
A concelleira de Turismo relatou de que “as visitas que se contabilizaron na oficina da vila de Ribadeo foron preto de 1.600, e a orixe dos visitantes tanto para a praia das Catedrais como na zona do casco urbano ten unha procedencia fundamentalmente nacional, un 95% é do estado. Fundamentalmente visítannos de Castela-León, Madrid, País Vasco e Extremadura, que destacou neste ponte por diante de Galicia e Asturias. Tamén nos visitan estranxeiros de países como EE.UU., Arxentina e Alemaña, que foron os que máis o fixeron nesta ponte, e o turismo de grupos que foi medrando e contabilizamos dentro das consultas nos puntos de información aproximadamente oito grupos que moveron preto de 200 persoas de procedencia diversa e varios internacionais”.
Martínez cre que “as cifras falan por si soas. Detrás disto hai un traballo importante dos nosos hostaleiros e da xente do comercio. Eu quero recoñecerlles o seu traballo día a día, e eles fan que este destino de Ribadeo xunto co traballo conxunto entre todos, sexa o punto de elección para moitos visitantes”.
A edil ribandense concluíu indicando que “foi unha ponte magnífica en canto ao tema turístico, e desde logo a dor que se manifesta cando esta fermosa terra, Galicia, se ve arder deste xeito. Oxalá as augas apaguen pronto este lume e o traballo conxunto tamén axude a que isto non se volva repetir”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



