Lugo, 14 de outubro de 2017. O Goberno da Deputación mantén aberto ata o 18 de outubro, inclusive, o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro, todos eles da provincia, soliciten axudas de ata un máximo de 22.000 euros para contratar a novos traballadores lucenses que estean no paro. Trátase do Ben Empregado 4, máis social, o plan de emprego que o Executivo Provincial dotou con 2,2 millóns de euros e que permitirá a un mínimo de 150 entidades e asociacións xerar outros tantos novos postos de traballo na provincia.
Os interesados en participar nesta 4 edición do Ben Empregado deberán presentar no rexistro da Deputación (ou por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) a documentación que se atopa www.deputacionlugo.gal. Tanto na web da Deputación como no Taboleiro de Anuncios se publicarán os requirimentos de máis información durante o proceso de resolución das subvencións.
3 liñas de financiamento
Os solicitantes poden optar a 3 liñas de financiamento: do 100%, do 90% ou do 50%.
– O Goberno da Deputación asumirá a totalidade dos custos laborais dos traballadores, concedendo ás entidades ou colectivos o 100% da axuda, cando contraten a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, veciños con dificultades físicas ou psíquicas ou vítimas de violencia de xénero, entre outras.
– O Executivo Provincial asumirá o 90% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por entidades sen ánimo de lucro, contribuíndo deste xeito, á importante actividade social do tecido asociativo lucense.
– Na terceira liña, o Goberno da Deputación asumirá o 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por empresas da provincia.
Requisitos
Poden participar no Ben Empregado 4 todas as entidades e asociacións lucenses agás aquelas empresas que contasen con axudas das anteriores edicións desta programación e, rematada esta, non mantivesen aos traballadores nos postos de traballo xerados; ás que realizasen despedimentos improcedentes nos últimos 12 meses; ás que fosen condenadas por sentenza xudicial firme sobre despedimentos improcedentes ou expedientes sancionadores nos últimos 3 anos; ou ás que renunciasen a subvención do Ben Empregado doutras edicións unha vez seleccionado ao persoal sen tan sequera contratalo durante o período legal de proba.
Máis social
Favoreceranse ás empresas e colectivos que non se teñan beneficiados das anteriores edicións; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa. Ademais, valorarase positivamente, que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45.
Obrigas
As entidades e colectivos que resulten beneficiados deberán aceptar o traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



