O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este domingo ao VI Volante Deputación, que se celebrou durante a fin de semana no circuíto da Pastoriza, e que reuniu a 185 pilotos afeccionados lucenses. Despois de recibir formación en técnicas de condución, os participantes pasaron un proceso de selección cronometrado, do que resultaron tres finalistas. O primeiro clasificado, Rubén Sánchez Agruña, terá a oportunidade de participar no Rally San Froilán totalmente de balde dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escuela aos mandos dun Suzuki Swift Sport. Ademais, homenaxeouse a Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club de Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



