Lugo, 29 de novembro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo este mércores un encontro cos 20 alumnos do Obradoiro de rehabilitación do mirador de Mondoñedo, unha iniciativa deseñada polo Goberno Provincia coa que se busca ofrecer formación e prácticas remuneradas a desempregados, facilitando a súa inserción no mercado laboral.
Sonsoles López apuntou que “grazas a este obradoiro de emprego, deseñado e planificado polo Executivo Provincial, son 20 os desempregados da nosa provincia que traballan na reconversión desta infraestrutura dentro da aposta do Executivo da Deputación por poñer en valor o patrimonio provincial, dotándoo de uso público. E farano ata xuño de 2018”.
Neste senso, a Deputada solicitou un maior compromiso da Xunta de Galicia na concesión das deste tipo de axudas, encamiñadas á inserir laboralmente a lucenses en paro, e lembrou que só durante estes últimos 3 anos, o Goberno da Deputación solicitou un total de 12 accións formativas, dirixidas a formar e insertar no mercado laboral a case 200 persoas; pero a Xunta de Galicia só concedeu 2, dirixidos a 44 desempregados e privando a uns 150 lucenses a participar neste tipo de iniciativas en impulso do emprego.
A Deputada remarcou o compromiso do Goberno Provincial coa xeración de emprego na provincia e apuntou que só durante este último ano, foron 700 as persoas en paro que atoparon traballo grazas ás programación en impulso da contratación postas en marcha o Executivo da Deputación: Ben Empregado 3 e 4; e DepuEmprego 1 e 2.
1ª Fase
O Proxecto de reconversión do mirador de paredóns conta cunha subvención para esta primeira fase, dotada de 274.000 euros, dos que o Goberno da Deputación achega 50.000 euros. Durante esta anualidade, inícianse os traballos de acondicionamento do exterior da fachada, peches, cuberta e carpintería, entre outros. Na vindeira anualidade, presentaremos un novo proxecto para concorrer a estes obradoiros para executar unha segunda fase, que será de acondicionamento e mellora do interior.
Características do proxecto
O Mirador de Mondoñedo é unha infraestrutura de 1.790 m2 que se atopa á entrada do municipio mindoniense, ao pé da N-634. Está formado por 7 niveis que se van integrando no propio terreo, cunha elevada pendente na parcela. Na parte superior, atópase o acceso ao recinto, a partires da que se atopan dúas plantas baixas e un conxunto de 4 niveis cos módulos das habitacións.
Deste xeito, os traballos que se executaran consisten no acondicionamento da parcela, con desbroce, poda e plantación da zona verde, reparación da calzada, do aparcamento e da zona peonil. Tamén se iniciará a limpeza do interior, retirando o mobiliario, escombros, carpintería, elementos deteriorados e non utilizables; falsos teitos e particións. Acondicionaranse os peches de protección dos desniveis e tratamento superficial.
Ademais, limparase e recuperarase toda a cuberta de pizarra, e incluso os elementos estruturais en mal estado. Na parte exterior dos edificios, farase unha reparación da carpintería exterior, instalación das pezas necesarias, reposición de elementos como portas ou fiestras; substitución dos cristais, lixado, limpeza e pintura.
Formación dos alumnos
Os alumnos deste obradoiro realizarán un total de 1.440 horas de formación mediante doce módulos. O obxectivo do mesmo é capacitar aos alumnos no coidado e rehabilitación de edificios, así como proporcionar aos traballadores nova formación, e facilitar deste xeito a saída laboral destes operarios.
Os módulos que se impartiran son: Labores auxiliares de obra; pastas, morteiros, adhesivos e formigóns; tratamento de soportes para revestimento en construción; enfoscado e guarnecidos; pintura e materiais de imprimación e protectores en construción; obras de fabrica para revestir; tratamentos auxiliares en revestimentos con pezas ríxidas.
Disporán tamén de formación complementaria como sensibilización ambiental; alfabetización informática; inserción laboral e técnicas de emprego; prevención de riscos laborais, ou formación para a igualdade, entre outros.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



