Mondoñedo 27-11-17. As xornadas abordan como intervir nos elementos de pedra nunha edificación tradicional dende os diferentes puntos de vista dos que interveñen no proceso de rehabilitación (canteiro, restauradora e ferreiro) ca vontade divulgativa de poñer en valor a importancia dos oficios.
Na tarde do sabado cada un dos poñentes dará unha charla explicando as características, técnicas, criterios e boas prácticas da súa disciplina.
As actividades previstas para a xornada do domingo consistirán na realización de un obradoiro con pequenas operacións de restauración executadas polos poñentes en elementos de cantería no edificio do “Muiño de Amandino”. Os ponentes estarán presentes o longo de toda a xornada e as intervencións serán simultáneas.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
SÁBADO 9 DE DECEMBRO: CHARLAS TEORICAS no Casino de Mondoñedo (rúa Alfonso VII, nº 22)
16:30 “PRESENTACION E INTRODUCCIÓN DAS ACTIVIDADES” Francisco Basanta Pardo (Arquitecto)
17:00 “O CANTEIRO” Fernando Vilariño Gosende.
17:30 “A RESTAURADORA” Iria López Baltar.
18:00 “O FERREIRO” Santiago Martínez Otero (Forxas Chago).
19:00 a 20:30 Visita a Obradoiro de Cantería en o barrio de Os Muiños. Mostra de material e ferramentas. “Prácticas ca pedra”
DOMINGO 10 DE DECEMBRO: OBRADOIRO NO “MUIÑO DE AMANDINO”
9:30 XUNTANZA NO “MUIÑO DE AMANDINO”. Lugar onde se desenrolarán as intervencións. Francisco Basanta Pardo (Arquitecto)
10:00 a 12:00 “INTERVENCIÓNS NA PEDRA” Fernando Vilariño Gosende
12:00 a 14:00 “OPERACIÓNS DE LIMPEZA, REPARACIÓN, REPOSICIÓN E CONSOLIDACIÓN NA PEDRA” Iria López Baltar
16:00 a 18:00 “OPERACIÓNS DE REPARACIÓN e RESTAURACIÓN DOS FERROS NA PEDRA” Santiago Martínez Otero (Forxas Chago)
Todos os ponentes estarán presentes o longo de toda a xornada e as intervencións se irán facendo simultáneamente.
As plazas do curso limitanse a 40 persoas
A inscripción resulta gratuita para os socios de Batitales e terá un custo de 10€ para os que non sexan socios.
Facerse socio de Batitales ten un custe anual de 20€ que da dereito a participar de xeito gratuito en todalas actividades que se organicen dende Batitales, ata o mes de setembro.
Se queres facerte socio de Batitales: https://goo.gl/forms/5kuQoN7WtNIoVAIJ2
Se queres inscribirte nas “Xornadas sobre a pedra”: https://goo.gl/forms/yDkbzHdbF8Ki8ek83
Para calquera aclaración ou dubida podedes contactar con nos por facebook twitter @batitales ou correo electrónico asociacionbatitales@gmail.com






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



