Será ás 18:30 h, no local da CIG de Viveiro (Rúa García Dóriga, S/N). O Concuro de traslados, este ano, é de ámbito autonómico, mais a Consellaría de Educación vai permitir acceder ás vacantes galegas ao profesorado de fóra de Galiza, o que vai prexudicar o profesorado galego, nun concurso pensado só para a redistribución dos efectivos da Consellaría de Educación. Trataranse cuestións como o baremo de méritos, concursos específicos como o de orientación, situación actual da provisionalidade e propostas que fixo a CIG-Ensino na Mesa Sectorial de Educación.
A CIG-Ensino convoca para mañá, mércores día 8, unha asemblea informativa dirixida a todo o profesorado da Mariña interesado no Concurso de Traslados que acaba de ser convocado
A CIG-Ensino convoca para mañá, mércores día 8, unha asemblea informativa dirixida a todo o profesorado da Mariña interesado no Concurso de Traslados que acaba de ser convocado
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz
-
A XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo celebrarase o sábado, 21 de xuño